miércoles. 29.01.2020 |
El tiempo
miércoles. 29.01.2020
El tiempo

Un pregón aberto e participativo

Eva Iglesias. INSTAGRAM
Eva Iglesias. INSTAGRAM

A actriz Eva Iglesias será a encargada de inaugurar as Festas de San Xoán en Poio

A actriz galega Eva Iglesias será a pregoeira desta edición das Festas de San Xoán de Poio. Dará lectura ao seu pregón o sábado 22 de xuño ás 21.00 horas, desde o balcón da Casa Consistorial.

Iglesias explica que para ela foi unha grata sorpresa ser escollida para dar o pregón destas Festas: "Estou moi contenta de que me escollesen como pregoeira, porque Poio é como a miña segunda casa. Cando actuaba coa orquestra Marbella ensaiabamos alí, e teño moi bos recordos e experiencias do tempo que pasei en Poio", relata.

A actriz vén a Poio nun momento álxido da súa vida profesional e persoal. Ao seu éxito a través do programa da TVG LandRober hai que sumar o seu embarazo, que anunciou a comezos de ano. "Profesionalmente estou encantada agora mesmo, e no persoal estou nunha etapa moi bonita, agardando á miña primeira filla". "Tamén estou pasando por moito cansazo, claro. No traballo todo me vai ben e síntome afortunada de seguir traballando, pero si que me atopo cansa porque xa estou no sétimo mes de embarazo", engade.

Para Eva Iglesias, é aínda máis especial dar o pregón no San Xoán de Poio porque sempre as considerou "unhas festazas". "Son unhas das mellores da comarca, sempre teñen moi bo cartel de orquestras e este ano non é unha excepción, así que eu estou moi contenta de inauguralas", explica.

A actriz tamén é unha gran seguidora das tradicións de San Xoán, especialmente do salto da fogueira: "sempre a salto as sete veces; había anos, cando estaba na orquestra, que me cadraba actuando e igual non podía, pero sempre ía despois a atopar algunha. Saltaba un chisqueiro aínda que fose, pero tiña que saltar algo", di entre risas

Un pregón aberto e participativo
Comentarios