O "desbloqueo" dos proxectos vencellados á seguridade viaria na PO-308 ao seu paso por Poio chegan este xoves ao Parlamento a través dunha iniciativa da man da viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, que se reuniu en A Seca (Poio) co voceiro municipal e edil de Urbanismo, Gregorio Agís. Pola súa banda, Agís salientou deficiencias na usabilidade do transporte público ao seu paso por esta vía de titularidade autonómica e que vertebra o municipio. Neste sentido demandou "melloras que contribuirían á seguridade do propio vial e a retirar tráfico da estrada. O servizo de transporte público ao seu paso por Poio e en toda esta estrada é realmente lamentable . É imposible utilizalo porque os ratios que ten de paso son tremendamente limitados", valorou.
O voceiro municipal pediu tamén un pulo á mellora dos tramos Covelo-Chancelas e Combarro-Fontenla e a celeridade no acordo proposto recentemente por parte do Concello á Xunta para a remodelación do entorno de A Barca, Andurique e Porteliña. "O Concello faría unha aportación económica pero entendemos que é competencia da Xunta, polo que temos que abordar canto antes estas necesidades". Así, o Concello agarda unha reunión coa Axencia Galega de Infraestruturas para "tratar estes temas que son tan urxentes". Castro comprometeuse a "poñerlle deberes á Xunta para que cumpra co seu compromiso nunha das estradas máis transitadas e con máis risco do noso país".
O enclave conta con 70 hectáreas de superficie repoboadas con diversas especies e constitúe unha importante área de refuxio e reprodución de especies de animais salvaxes. Actualmente, explicou, os convenios de cesión de uso coas comunidades de montes de Vilaboa e Santa Cristina están caducados.