A Alameda da Lama acolle a tradicional feira con terraza, pulpeiro e churros

O Concello, en colaboración con Protección Civil, porá en marcha un amplo dispositivo organizativo  para garantir a protección fronte á covid-19
Uno de los puestos de ropa de la feira de A Lama. DP
photo_camera Uno de los puestos de ropa de la feira de A Lama. DP

A Alameda da Lama volve acoller este domingo a tradicional feira, reconvertida "nun auténtico centro comercial rural", tal e como aseguraron dende o Goberno local, despois do parón obrigado polas restricións.

O Concello, en colaboración con Protección Civil, porá en marcha un amplo dispositivo organizativo con separación de postos de venda ambulante, circuito de entrada e saída e toda unha serie de medidas á disposición dos asistentes, para garanti-la protección fronte á covid-19.

Así, este domingo haberá vendedores ambulantes de roupa, calzado panadería, produtos da horta, comestibles e prantas, e tamén volverá a este mercado tradicional o pulpeiro, que ofrecerá o produto tanto para levar como para degustar na terraza da feira, habilitada para albergar o aforo recomendado polas autoridades.

A novidade será un posto de churros que, dende as 9.00 horas da mañá, estará operativo para facilitar que visitantes e veciñanza poidan levar quentes e recén feitos os famosos churros e porras, para poder almozar cómodamente nos seus respectivos fogares. 

Comentarios