viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

A Alameda de Ponte Caldelas estrea con éxito as súas noites de terraza

A terraza da Alameda de Ponte Caldelas. CONCELLO
A terraza da Alameda de Ponte Caldelas. CONCELLO
O sábado tivo lugar a primeira xornada de tapas e a proxección dun filme

Que ningún pontecaldelense quede sen verán é a máxima do Concello de Ponte Caldelas, que para os meses de xullo e agosto programou todo un calendario de actividades arredor da Alameda, que non só foi todo un éxito na súa inauguración esta fin de semana, senon que non ten nada que envexarlle ao ambiente festivo doutros anos. Iso si, dende a prevención. Sobre a concurrencia aos espazos, o Concello foi moi claro dende o inicio: respetar sempre a distancia de seguridade e acceder á Alameda sempre con máscaras, que só se poden quitar para comer ou beber.

Durante a xornada de tapeo de onte, foron un total de 12 os establecementos que participaron con propostas culinarias do máis variado, e que só recibiron louvanzas por parte dos asistentes. Dende Concha del Delirio ata Carrilleras del Verdugo, pasando por outros pratos aínda máis curiosos que o seu nome, coma Raxo Alameda, Botanero de papa ou Mar con sabor a terra, todos eles tiveron unha grande acollida entre os comensais que fixeron a ruta de establecementos deseñada polo Concello.

Na primeira sesión de Noites de terraza proxectouse a película O que arde, que inaugurou a programación de cine tamén con moita expectación. A xornada distinguiuse polo seu bo ambiente e elevada asistencia, iso si, sen masificacións. motivo polo que o Concello deu conta do bo comportamento veciñal, que respectou en todo momento a separación entre mesas e o distanciamento social, que estivo controlado polos axentes da Policía Local. Este sábadoe, o punto musical puxérono as artistas e veciñas pontecaldelenses Sara e Sofía, que ateigaron a Alameda cunha actuación na que mesturaron temas clásicos con propios.

As vindeiras fins de semana e ata finais de agosto, o cine, a música e a gastronomía volverá á contorna da Alameda de Ponte Caldelas. A cita máis próxima terá lugar o venres 10 de xullo, de novo coas tapas e co monólogo de Avelino González, ás 21.00 horas. O sábado 11 de xullo, tamén ás 21.00 horas, terá lugar un concerto a cargo do grupo tributo Sabina & Cia. A seguinte fin de semana, os días 17 e 18 de xullo, haberá máis música e gastronomía, con máis Caldelas Tapas e diferentes actuacións e espectáculos a cargo de Sobre todo ella, Os catro ventos e un espectáculo acuático na fonte luminosa.

O alcalde, Andrés Díaz, lembrou que "a responsabilidade social é primordial na actualidade, por iso todos debemos demostrar a nosa madurez protexéndonos e protexendo aos demais".

San Xoán de Poio
A programación de San Xoán aprazada pola choiva retomouse en Poio cunha boa acollida. O venres tivo lugar o espectáculo Tarabelos na Escola do Sartal, e este sábado o Paiaso Rudi Dudi volveu emocionar á cativada na Praza da Igrexa do Pereiro. Nelson Quinteiro, que repite este domingo para os nenos ás 20.00 horas na Praza da Granxa, tamén debutou este sábado para o público adulto. Seguiralle a Escola de Acordeóns de Campelo na Praza da Rúa Vilariño.

A Alameda de Ponte Caldelas estrea con éxito as súas noites de terraza
Comentarios