martes. 20.04.2021 |
El tiempo
martes. 20.04.2021
El tiempo

Riomouro, a aldea que agarda polos cativos para abrir a súa granxa escola

Eira, cun dos cabalos da granxa. DP
Eira, cun dos cabalos da granxa. DP
O rural da familia Esperón Tajes amosa o seu interior a través das redes sociais co obxectivo de "crear comunidad" e agarda o alivio das medidas sanitarias para poder oficializar a apertura da granxa escola 

O lugar poiense de Riomouro Pequeno devece por acoller á cativada. Hai á beira dun ano que a granxa escola, levantada pola familia Esperón Tajes coas súas propias mans, está lista para dar comezo ás primeiras actividades, que prometen ser do máis inspiradoras: dende obradoiros de comida, ata plantacións ou elaboración de pan, pasando, por suposto, polo contacto directo dos nenos e nenas cos animais, son algúns dos puntos fortes da variada oferta que promete poñer a disposición do público, sempre e cando a pandemia permita abrir as portas. "Tenemos muchas ganas, ya las teníamos el año pasado. Estando parados no generamos nada, estamos esperando y parece que nunca llega el día". Son palabras de Jacobo Esperón, fillo do matrimonio propietario da granxa, formado por Jose e Rocío, e profundamente implicado no proxecto, que debería ter comezado a recibir cativos a comezos deste ano.

A granxa escola, que é unha aposta por achegar aos nenos e nenas ás casas do campo "de toda la vida", anunciaba a súa vindeira apertura o pasado mes de setembro, con algúns detalles aínda por rematar. Durante os pasados meses, que racharon cos plans da familia, veciña do Sartal, a granxa escola de Riomouro foi tomando cada vez máis forma ata lucir impecable, disposta a abrir as súas portas. Os cultivos que xa se aprecian no seu exterior e o aumento da familia coa incorporación de novos animais nos últimos meses, fan do lugar o próximo gran enclave do turismo rural en Poio, que agarda poder mostrarse ao público en persoa. Mentres tanto, os Esperón Tajes non renuncian a "crear comunidad", aínda que sexa de xeito virtual. Por este motivo, e baixo o mando de Jacobo, adaptáronse ás circunstancias da pandemia durante este tempo, e dende hai meses mostran o interior das instalacións e a vida na granxa a través das súas redes sociais, con especial fincapé en Instagram (@aecogranxa). "Aunque no estemos abiertos, vamos allí todos los días, en la granja siempre hay algo que hacer. Plantamos setos, árboles, trasplantamos otros, y pulimos pequeños detalles que siempre van quedando. También atendemos a los animales", explica Jacobo, en referencia a un bo grupo que agora xa está formado por dous cabalos, cabras e faisáns e a novidade: un burro. Próximamente incorporarase ao equipo unha vaca galega e unha becerra.

Por todo isto, Jacobo, que durante os últimos meses se atopa traballando nunha completa páxina web de Riomouro, non descarta mostrar o día a día da granxa a través de youtube, coa próxima creación dunha canle que amose contidos tan interesantes como ensinar a cultivar, o coidado dos animais, un día na granxa, ou métodos de plantación. "Aunque no podamos tener físicamente a la gente aquí, queremos que nos conozcan y crear una comunidad para cuando puedan venir", explica Jacobo, quen nin de lonxe o dá todo por perdido: "La situación está siendo muy mala para los emprendedores pero, si las autoridades sanitarias lo permiten, pensamos abrir este verano". 

Riomouro contará proximamente cunha páxina web e proxecta a creación dunha canle de youtube

Riomouro, a aldea que agarda polos cativos para abrir a súa granxa...
Comentarios
ç