Aldeas, cabalgata para despedir os Reis e moitas novidades no Nadal de Poio

O Concello contará con 52 propostas e actividades repartidas en 25 días de programación que comezarán mañá mesmo cunha festa de inicio do Nadal na praza do mosteiro
Nadal en POIO
photo_camera Presentación das actividades de Nadal en Poio. DP

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, presentou este xoves a programación de Nadal do municipio, que se estreará mañá, con un acto de festexo diante do Concello (18.00 horas), como un conxunto de eventos pensado "para todos os colectivos" no que fomentar "participación" sen "deixar a niguén fóra" pero tamén no que se evitará caer "na competición por quen ten a maior cantidade de luces ou a árbore máis alta".

Na programación haberá clásicos das celebracións neste municipio que non desapareceron da listaxe de eventos co cambio de Goberno. Deles, o máis destacado é a Papanoelada moteira, que se celebrará o domingo 17 de decembro co motoclube A Rosa dos Ventos, así como a festa de despedida do ano con badaladas adiantadas en San Martiño. Será o sábado 30, ás 21.00 horas coas Pandereteiras do Ronsel, e DJ Arrow.

Tamén haberá citas como Máis Cantos (3 de xaneiro ás 20.00 no Pazo Besada) e encontros con Papá Noel o domingo 24 de decembro, con un percorrido do ancián de Laponia no tren máxico que se iniciará ás 11.00 horas na Praza do Mosteiro.

En canto aos Reis, este ano percorrerán como é tradición as parroquias (desde as 11.00 horas), empregando o mesmo tren, pero encontraranse con cativos e cativas na explanada da Seca, nunha gran carpa ás 19.00 horas do día 5 de xaneiro.

Non haberá cabalgata previa, e esa é unha das grandes novidades do novo Goberno, que aposta por non competir con referentes como Pontevedra e organizará, por primeira vez, unha despedida dos Reis, con cabalgata polo municipio o día 6, e na que se espera congregar a gran número de veciños adultos e nenos. Será ás 18.00 horas e irá seguida da festa Vén despedir o Nadal na Seca, con Javi Solla.

Este fito, unido á creación das Aldeas de Nadal, que se repartirán por Raxó, Samieira, San Martiño, San Salvador, Lourido, Campelo e Combarro, e que foron decoradas por nenos de todos os colexios públicos do municipio, son as principais novidades dunha programación na que tamén aparecerán, por primeira vez, as datas do belén vivinte de Combarro, o de San Martiño (Asociación Santa Trahamunda) ou o concurso de beléns tradicionais do Ateneo Corredoira ( o día 24). En canto á música, hanerá actuacións de Nelson Quinteiro (aldea musical do Nadal), a Fedelleneta, Queimatasas, Monifate, a Escola de Acordeóns, Canta nas Croas, e Uxía, así como as corais de Poio. 

Así será a programación de Nadal de Poio, acto a acto

SÁBADO 2 DE DECEMBRO
18.00h. Inauguración do Nadal, con A Fedelleneta DJ E O Tren Máxico na Praza do Mosteiro Poio, San Xoán.

LUNS, 4 DE DECEMBRO
16.30h. Decoración e obradoiro de Nadal - Todos ós públicos na Biblioteca Pública Poio - Campelo, San Xoán.

SÁBADO, 9 DE DECEMBRO
16.30h. Pasarrúas con Batuka 'Canecos"
17.30h. Aldea musical do Nadal, con Nelson Quinteiro (público familiar), na Aldea do Adro, San Salvador

LUNS, 11 VENRES 15 DE DECEMBRO
11.30h a 12.00h Vsitas da "A Fedelleneta do Nadal" aos centros de ensino

SÁBADO 16 DECEMBRO
11.30h. Pasarrúas con Batuka 'Canecos'
12.30h. "A Fedelleneta do Nadal" con Tere e Javi Solla  - Público Familiar na Aldea das Palleiras, Combarro.

VENRES 15 DE DECEMBRO
17.00h. Festival de Nadal para as persoas maiores con Bingo, Sorteos, Panxoliñas co coro da Casa Rosada, Baile co Trio Azabache e roscón na Casa Rosa, San Salvador
17.30h. Pasarrúas con Batukada 'Os Queimatasas'
18.30h. Aldea musical do Nadal, con Nelson Quinteiro (público familiar) na Aldea dos Muiños, Samieira.

DOMINGO 17 DECEMBRO
17.00h. Papanoelada Moteira. Organiza: Motoclube A Rosa Dos Ventos. Percorrerá as estradas do municipio e remate na Carpa da Seca, San Xoán.

MARTES 19 DECEMBRO
17.00h. Obradoiro Creativo 'Adornos e centros de Nadal'. Inscrición previa no 986.872.401. Casa Rosa, San Salvador.

XOVES 21 DECEMBRO
17.00h. Obradoiro Creativo 'O teu gnomo de Nadal'. Inscrición previa no 986 872 401. Casa Rosa - San Salvador.

VENRES 22 DECEMBRO AO SÁBADO 6 XANEIRO
16.30h. a 20.15h. 'Poio máxico" zona de xogos e obradoiros - Público Familiar.
"Poio Máxico"  na carpa da Seca. San Xoán.

SÁBADO 23 DECEMBRO
17.30h. Belén Vivinte da asociación de mulleres rurais Santa Trahamunda, igrexia de San Martiño - San Xoán
19.00h. Festival de Nadal da Escola de Acordeóns de Campelo- (entrada solidaria) local dos comuneiros da Seca.

VENRES 22 DECEMBRO
12.30h. Contos de Nadal na Biblioteca Municipal - Todos os públicos. Campelo, San Xoán.
13.30h. Sorteo da Lotaría do Nadal na Biblioteca Municipal.  Campelo - San Xoán.
19.00h. Concerto Monifate, para público familiar. Organizado polo Ateneo Corredoira na Aldea de Combarro.

DOMINGO 24 DECEMBRO
11.00h. Papá Noel viaxa no tren máxico. Saída dende a Praza do Mosteiro - San Xoán
12.30h. Concurso de beléns tradicionais (visita do xurado).Organiza: Ateneo Corredoira. Na Praza de San Roque.
17.00h. a 19.00h. Recepción a Papá Noel e entrega de premios do Concurso de Tarxetas de Nadal. A Seca
"Poio Máxico" Carpa, A Seca. San Xoán.
19.00h. Concerto de panxoliñas, con Canta nas Croas. Organiza: Ateneo Corredoira. Praza da Chousa, Combarro.

MARTES 26 DECEMBRO
18.00h. Hocus Pocus co Mago Paco (Público Familiar).
"Poio Máxico",Carpa da Seca. San Xoán.

MÉRCORES 27 DECEMBRO
17.00h. Pasarrúas con batukada 'Os Vikingos'
18.00h. "A Fedelleneta do Nadal con Tere e Javi Solla na Aldea das Palleiras, Combarro.

SÁBADO 30 DECEMBRO
11.30h. Pasarrúas con batukada 'Os Vikingos'
12.30h. "A Fedelleneta do Nadal con Tere e Javi Solla na Aldea dos Muiños, Samieira.

VENRES 29 DECEMBRO
18.00h. "Cantos e contos do Nadal", coa cantante Uxía acompañada de Sergio Tanus e Santiago Cribeiro, no Espazo Municipal C.C. Xaime Illa - Raxó

XOVES 28 DECEMBRO
16.30h. Pasarrúas con Batukada 'Os Queimatasas'
17.30h. "A Fedelleneta do Nadal con Tere e Javi Solla na Aldea da Vila, Raxó.
18.00h. Gala do Circo a cargo de Moura Teatro: "Clowntaminación" con Rudi Dudi;
"El autoestopista intergaláctico" con Aitor Garuz e "Sin medidas" con Jano Costas.
Público Familiar.
"Poio Máxico",Carpa da Seca. San Xoán.
19.00h. Concerto de panxoliñas, con Canta nas Croas. Organiza o Ateneo Corredoira, na Aldea das Palleiras.
16.30h. Pasarrúas con Batukada 'Os Queimatasas'
17.30h. Pequeno Circo do Nadal con Nelson Quinteiro, na aldea dos Patos, en Lourido.
19.00h. Pasarrúas con Batukada 'Os Queimatasas'
20.00h. Pequeno Circo do Nadal con Nelson Quinteiro, na aldea das Badaladas, San Martiño - San Xoán
21.00h. Pre Fin de Ano Badaladas en San Martiño, coa actuación das Pandereteiras do Ronsel e DJ Arrow nacontorna da Igrexia de San Martiño, San Xoán.

DOMINGO 31 DECEMBRO
12.30h. Belén Vivinte do Ateneo Corredoira, na igrexaa de San Bernardo, Combarro.
17.30h. Pasarrúas con batukada 'Os Vikingos'
18.30h. AAldea musical do Nadal, con Nelson Quinteiro (público familiar) na Aldea da Capela, Campelo - San Xoán.

MARTES 2 XANEIRO
17.00h. Pasarrúas con "Vides Novas"
18.00h. "A Fedelleneta do Nadal con Tere e Javi Solla na Aldea da Capela, en Campelo - San Xoán.
20.00h. Concerto de Aninovo coa Coral de Poio, a Coral Virxe de Fátima e o Coro Virxe da Renda
'Jazz a luz das candeas', con Rosolino Martinello - Público Adulto, no Mosterio de Poio - San Xoán.

MERCORES 3 XANEIRO
17.00h. Pasarrúas con "Vides Novas"
18.00h. "A Fedelleneta do Nadal con Tere e Javi Solla, na Aldea do Adro, Adro da Igrexia - San Salvador.
20.00h. Máis Cantos de Reis no Palacete Besada - San Salvador.

XOVES 4 XANEIRO
17.30h. Pasarrúas con batukada 'Os Vikingos'
18.00h. "A Fedelleneta do Nadal con Tere e Javi Solla na Aldea dos Patos, Lourido - San Salvador.

VENRES 5 XANEIRO
11.00h. Saúda dos Reis Magos e visita do Tren Real e da comitiva polas parroquias de Poio.
Ruta 1: San Salvador - San Xóan.
Ruta 2: Raxó - Samieira - Combarro.
19.00h. Recepción Real na Carpa da Seca.

SÁBADO 6 XANEIRO
18.00h. Cabalgata de Reis
19.30h. Festa 'Vén despedir o Nadal!' con Javi Solla, na carpa da Seca, San Xóan.

*No caso de condicións metereóloxicas adversas todas as actividades programadas
nas Aldeas de Nadal, trasladaránse a Rede de Espazos Municipais REM ou
'Poio Máxico" Carpa, A Seca.

Comentarios