Alertan dun "grave" aumento de colonias ferais en Combarro, con máis de 100 gatos

'Bigotes Felinos' denuncia casos de envelenamento intencionado ►Piden unha rápida activación do CES
Unha das colonias de animais no núcleo de Combarro. BF
photo_camera Unha das colonias de animais no núcleo de Combarro. BF

A situación das colonias ferais no núcleo de Combarro é "crítica". Así o denuncia o colectivo de veciños e veciñas de Poio que forman Bigotes Felinos, unha agrupación que se ocupa de axudar ao importante número de gatos que viven na rúa nesta zona, e que últimamente rexistrou un "grave aumento" que, a falta de contabilizar estrictamente o número de animais que se atopan nestas condicións, a agrupación estima que actualmente "podríamos hablar de más de 100" gatos e gatas que viven nas rúas de Combarro. Así o explica a xestora das redes sociais e voceira da agrupación veciñal, Sara Gómez, que xa ten localizadas dúas colonias fixas con arredor de 20 gatos cada unha. "Solo estas dos colonias están situadas a menos de 100 metros entre sí, y esta circunstancia se repite por todo el núcleo de Combarro", valora.

Ademais de denunciar a situación de abandono que sofren os animais ao longo e ancho do núcleo de Combarro, unha zona que, asegura, "es, con diferencia, la peor de todo Poio", Bigotes Felinos activou todas as alarmas tras detectar varios envelenamentos intencionados sobre algúns dos animais. "Hay un caso que muestra síntomas de envenenamiento, y su hermano está desaparecido. Muchos aparecen muertos", explican. Ante o que califican "un asesinato" sobre os animais, o grupo de veciños, que visibiliza a súa actividade a través das redes sociais, pide a colaboración veciñal para poder seguir axudando ás colonias, e fai un chamamento ao respeto. "Mucha gente cría gatos y, cuando no los consiguen dar, los sueltan por zonas rurales", explica Gómez, que tamén destaca que, noutros casos, trátase de animais que "realmente tienen dueño o pertenecen a una casa, pero hacen vida en la calle, y como no están esterilizados, se reproducen libremente".

Neste sentido, este grupo de veciños e veciñas levou a cabo unha activa campaña de sinaturas para solicitar ante o Concello de Poio que estableza un plan CES, que pasa pola captura, esterilización, e solta dos gatos e gatas, a fin de erradicar a súa proliferación, sobre todo no núcleo de Combarro, onde se nota especialmente a súa presenza en pleno casco histórico, nas inmediacións da rúa do Mar.

SOS Levi. En busca dunha familia estable
Bigotes Felinos continúa á procura dunha familia para Levi, un gato que facía vida na rúa e que precisa un fogar estable, xa que presenta leves síntomas de carcinoma, un problema subsanable cunha pequena operación nas orellas. No momento da súa recollida, unha infección respiratoria da que xa está recuperado provocou que, actualmente, esté baixo a tutela de cinco veciños da agrupación, que buscan unha familia para el. "Es inmunodeficiente y tiene que estar en interior, no puede volver a la calle", explican. A agrupación asegura, sen embargo, que esta acción emprendida con Levi será a última, pois non dispoñen dos medios necesarios

Comentarios