Ana Couto será a candidata á alcaldía do PSdeG-PSOE de Cerdedo-Cotobade

O próximo 12 de novembro celebrarase a presentación oficial da candidatura na Casa do Pobo de Almofrei
Ana Couto. DP
photo_camera Ana Couto. DP

Na derradeira asamblea do PSdeG-PSOE do municipio, a concelleira, Ana Couto, resultou ser elexida por aclamación da militancia socialista como candidata á alcaldía nas eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro ano.

O próximo 12 de novembro, na Casa do Pobo de Almofrei, vaise celebrar a presentación oficial de Ana Couto como a próxima candidata á alcaldía arroupada pola presidenta do PSdeG-PSOE e da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o Secretario Xeral Provincial, David Regades, a militancia socialista e todas aquelas veciñas e veciños do concello que desexen participar nesta xuntanza.

Couto, pola súa parte, agradeceu o apoio da militancia socialista para liderar a próxima alcaldía e declarou estar preparada para "devolverá dignidade ó Concello e a situar ós veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade como única prioridade da xestión municipal".

Comentarios