En conmemoración do XX aniversario da Asociación Párkinson APROPARK Pontevedra e en colaboración con ASAMPO, a Asociación de Amigos da Pontevedrada, este domingo tivo lugar unha andaina solidaria composta por doentes de párkinson, os seus acompañantes e voluntarios.
Esta ruta, ten como principais obxectivos, darlle maior visibilidade a unha enfermidade moi descoñecida pola maioría da cidadanía, darlle valor ó traballo da asociación e sobre todo para demostrar as capacidades das persoas que sofren párkinson.
Con distintos niveis de afectación, que van dende o estadio 1 ata o 5, nesta andaina participaron persoas con distintos niveis de doencia polo que este tipo de iniciativas permiten dar conta do que son capaces. Begoña Cerqueiro, presidenta de APROPARK: "Isto sirve para demostar a valía das persoas con párkinson. Intentar disfrutar e demostrar as súas capacidades a pesar de padecer esta horrible enfermidade". Nun percorrido que tivo como punto de partida a Praia de Lourido, os participantes camiñaron catro kilómetros en dirección ao Parque da Seca, onde ó chegar agardáballes música, comida e bebida preparada pola organización, para porlle punto e final a unha xornada de superación persoal.
O rededor de tres mil persoas están diagnosticadas na provincia de Pontevedra coa enfermidade do Párkinson, uhna patoloxía todavía moi descoñecida entre a poboación como sinalan dende a asociación pontevedresa. Levar a cabo este tipo de actividades pon en valor que a pesar das dificultades de padecer unha enfermidade como o párkinson, todavía é posible disfrutar e sentirse realizado, arroupado por outras persoas que sofren a mesma doencia e o caron das asociacións e os voluntarios que tratan día a día de dar apoio, visibilizar a enfermidade e de desmitificar a imaxe errónea que existe sobre a mesma combatindo os prexuizos e o estereotipos que a rodean.