Andrés Díaz xa ten listas as alegacións contra o Parque Eólico Os Cotos

Ponte Caldelas sinala a fragmentación do proxecto como un engano e os danos que causará ao patrimonio
Andrés Díaz. DP
photo_camera Andrés Díaz. DP

O Concello de Ponte Caldelas ten xa listas as alegacións contra o Parque Eólicos Os Cotos, centradas na fragmentación do proxecto e nas afeccións patrimoniais, ambientais e sociais que tería en Ponte Caldelas a liña de evacuación do mesmo.

O alcalde, Andrés Díaz, destaca a importancia de presentar alegacións masivas contra este parque eólico "porque manifestan claramente o rexeitamento social contra este proxecto".

Por parte das administracións afectadas, o alcalde entende que o máis importante é achegar informes desfavorables por parte dos técnicos municipais e, no caso de que a Xunta dea os permisos para que se constrúa o parque, "levar ó Xulgado á administración autonómica. A Ponte Caldelas non lle vai tremer a man. Non nos tremeu cando nos enfrontamos a Augas de Galicia e ó Concello de Vigo para defender o Río Verdugo e tampouco vai acontecer agora. Chegaremos ata o Tribunal Europeo se fai falla", afirmou.

VER MÁS: Sale a información el nuevo proyecto eólico de Os Cotos en plena Navidad

A alegación lembra o informe publicado recentemente polo Consello da Cultura Galega, que pide expresamente a paralización dos parques eólicos en tramitación (275 proxectos) polos "danos irreversibles" sobre a paisaxe e o patrimonio e no que urxe a revisión do Plan Sectorial, do ano 199.

PLeno. Por outra banda, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, vén de convocar un pleno extraordinario, o 11 de xaneiro, para que a Corporación rexeite o mesmo plan eólico.

O rexedor anima a participar na manifestación convocada para o día 9, e tamén na asemblea do día 7 no Pavillón Municipal de Carballedo na que participarán os responsables da consultora Tysgal que elabora o informe do Concello.

Comentarios