Antón Xil quere un centro cívico termal e desatascar a PO-234

Alfonso Rueda, o exalcalde Perfecto Rodríguez e centos de 'populares' demostraron o 'tirón' do novo candidato

Antón Xil, no centro, con Rueda, Paco Regueira, Perfecto Rodríguez, Cores Tourís Ricardo Castro e Inés Sánchez. DP
photo_camera Antón Xil, no centro, con Rueda, Paco Regueira, Perfecto Rodríguez, Cores Tourís Ricardo Castro e Inés Sánchez. DP

O candidato independiente do Partido Popular á Alcaldía de Ponte Caldelas, Antón Xil, contou este venres coa presenza do presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, na súa presentación oficial no local do Restaurante A Garota, que se encheu para o primeiro acto de Xil como candidato á Alcaldía. O xornalista de Ponte Caldelas elexiu falar do proxecto para o Balneario, pero tamén da capacidade que o PP pode ter para darlle pulo ás obras da PO-234 e para destatascar a paralización do crematiorio.

Con respecto ao plan termal, o PP a creación dun Centro Cívico Termal titularidade pública, enfocado á actividade de congresos no Sur da provincia. Xil manifestou que "Ponte Caldelas aspira a un proxecto serio e de envergadura despois de tantos anos agardando a que se recuperara a ilusión do Balneario. Nós apostamos sempre pola adquisición dos terreos e avogamos por un proxecto ambicioso". O candidato defendeu un proxecto que integre a creación dun innovador Centro Cívico Termal onde se podan dar cita diversos servizos como a atención diurna á Terceira Idade, instalacións para a mocidade e que faga as veces de auditorio.

O candidato manifestou a súa preocupación por resolver problemas concretos como o conflito da PO-234, a popularmente coñecida como estrada de Laxoso. Antón Xil ofreceuse como mediador para atopar unha saída para a ampliación deste vial. "Señor vicepresidente da Xunta, prégolle que se dirixa á conselleira de Infraestruturas con fin de facilitar unha entrevista entre unha comisión de veciños e a responsable autonómica para atopar unha saída dialogada que acabe con esta situación anacrónica e insostible e se podan beneficiar os veciños de Laxoso dunha obra tan necesaria" pediu a Alfonso Rueda.

Ademais o candidato avoga polo diálogo áxil cos donos do tanatorio da vila para reabrilo, ou, no caso de que non o fagan, promover a construción dun tanatorio municipal "de inmediato".

Comentarios