viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

Aparatoso accidente en Barro cun coche e un camión implicados

O sinistro, rexistrado na estrada N-550, non deixou feridos

Un turismo e un camión articulado protagonizaron este luns un aparatoso accidente na N-550 en Barro, na semiglorieta de Casa Florita. Segundo o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, non houbo feridos.

O coche, con placa de Luxemburgo, recibiu o impacto do camión ao incorporarse á estrada Nacional. O transporte fixo "a tesoira" ao tratar de esquivar o turismo.

Aparatoso accidente en Barro cun coche e un camión implicados