Aprobado o proxecto de mellora da estrada PO-230 en Cerdedo-Cotobade

O obxectivo dos traballos é o de mellorar a seguridade viaria entre os núcelos de Serrapio e Vichocuntín

Imaxe da actuación prevista para a estrada entre Serrapio e Vichocuntín. XUNTA
photo_camera Imaxe da actuación prevista para a estrada entre Serrapio e Vichocuntín. XUNTA

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda anunciou este luns a aprobación do proxecto de construción do alargamento e mellora da estrada PO-230, no concello de Cerdedo-Cotobade.

A actuación ten por finalidade mellorar a seguridade viaria dun treito de 1,8 quilómetros desde o núcleo de Serrapio ata o punto final da estrada, na intersección coa Nacional 541, en Vichocuntín.

TRABALLOS. As obras previstas comprenden a ampliación da calzada ata acadar un ancho de 7 metros (actualmente ten entre 5 e 5,5 metros) e a rectificación de varias curvas para mellorar o trazado da estrada. Actuarase ademais na drenaxe da plataforma, prevendo tamén o tendido e revestimento das gavias de seguridade. 

Así mesmo, está previsto construír muros de contención nos puntos necesarios e renovar a sinalización horizontal, vertical e de balizamento.

Con estes traballos mellorarase a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos usuarios desta vía.

INVESTIMENTO. Será precisa a expropiación de 26 fincas para acometer as obras, que se desenvolverán entre os puntos quilométricos 12+650 e 14+430 da estrada autonómica que conecta Campolameiro e Vichocuntín.

A Xunta prevé licitar nas vinderias semanas estes traballos por un importe de 610.000 euros, aos que deben sumarse os 6.350 nos que se estima o custo das expropiacións.

Comentarios