Arde unha embarcación en San Adrián de Cobres

Descoñécense as causas que provocaron as lapas
photo_camera Unha embarcación de recreo amarrada no pantalán deportivo de San Adrián de Cobres, Vilaboa, empezou a arder por causas que se descoñecen ao redor das 20.00 horas deste venres.

Unha embarcación de recreo amarrada no pantalán deportivo de San Adrián de Cobres, Vilaboa, empezou a arder por causas que se descoñecen ao redor das 20.00 horas deste venres.

Ao punto acudiu unha dotación de Protección Civil de Soutomaior, que ten un acordo de cooperación con Vilaboa, para tratar de sofocar o lume.