martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

A área de Promoción Económica de Poio destina 250.000 euros a formación e fomento do emprego

O edil de Promoción Económica de Poio. DP
O edil de Promoción Económica de Poio. DP

É por ti, é para ti é o eslogan da programación do Concello de Poio, a través da Concellería de Promoción Económica, para fomentar o emprego e ofrecer pautas de formación e emprendemento á veciñanza. No mes de marzo iniciaranse parte dos programas, que durarán ata o verán. Un deles, o Proxecto Senda 2020 Facendo Camiño, busca mellorar a empregabilidade con técnicas de desenvolvemento persoal e cultura colaborativa. Outra opcións será a segunda edición de #PoioImpulsa, co que se facilitará a especialización, así como de visibilidade e promoción do comercio local.

O concelleiro de Promoción Económica, Gregorio Agís, lembrou que este departamento xestiona preto de 250.000 euros anuais en formación e mellora da empregabilidade da veciñanza. "A maiores obtemos achegas douras administración, que permiten a ampliación dos servizos en xeral, para acadar unha óptima calidade de vida na vila a tres anos vista".

Neste 2020 tamén se celebrará a terceira edición do evento A forza do local, a través do cal se promocionarán proxectos empresariais innovadores e se impulsarán obraroidos de xeración de oportunidades, así como debates e charlas nas que intervirán persoas vencelladas ao desenvolvemento local. "Queremos que esta cita serva, en certo modo, para Senda e #PoioImpulsa, de xeito que se poidan crear interaccións empresariais e laborais", indicou o edil de área.

Ademais, Promoción Económica puxo en marcha varios obradoiros de formación, como os de operario de almacén, limpeza hospitalaria ou turismo mariñeiro, sendo este último baremable para a obtención do Permex. Tamén haberá ciclos a demanda, se ben se priorizará o certificado de profesionalidade de limpeza, auxiliares de comercio "e outras formacións transversais e específicas", salientou Gregorio Agís. O edil fixo fincapé na importancia de continuar con esta aposta, xa que "as cifras de desemprego están aos niveis previos á crise económica e contamos con recursos naturais, turísticos que compoñen un importante potencial emprendedor".

A área de Promoción Económica de Poio destina 250.000 euros a...
Comentarios