O Armadiña Rock encherá de música e campistas Combarro

A actividade de balde fará bailar aos máis rockeiros a última fin de semana de agosto
Festivaleiros na edición do 2018 de Armadiña Rock. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Festivaleiros na edición do 2018 de Armadiña Rock. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Asociación Cultural, Deportiva e Medioambental Armadiña, presenta na vila de Combarro a 12ª edición do Festival Armadiña Rock que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de agosto.

Nesta nova edición a Asociación deseñou un formulario de Drive para que as persoas interesadas en acampar na zona de A Reiboa o cubran para que a organización poida ter unha previsión aproximada das unidades de tendas que vai haber. O formulario está dispoñible nas redes do Festival Armadiña Rock -Facebook e Instagram- e só haberá que cubrir un informe por cada tenda, sen ser preciso introducir os datos de todos os campistas.

A programación musical do Festival abrirá o venres 26 coas bandas Desakato, MJ Pérez + Banda, O Cadelo Lunático, Llegamos Tarde DJ Set e A Banda do Patio. Ese día a organización tamén ten prevista unha actividade cultural na que o público familiar terá a oportunidade de aprendar e gozar da man da asociación de artistas pontevedresas O Galpón Lab. Por outra banda, o sábado 27 actuarán Reincidentes, Tremenda Jauría, Rebeliom do Inframundo, Sofía Gabanna, La Quinkillada, Fondo Norte, Brais das Hortas, Louband Street Band, Pandeireta de Ronsel e Pandeireta Armadiña. E coma peche do festival actuará o domingo Sheila Paticia.

O Festival Armadiña Rock conta co patrocinio do Concello de Poio, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, así como con diversas colaboracións. Todas as actividades que se desenvolverán durante a última fin de semana de agosto serán de balde e poderá seguirse a través das redes sociais do Festival.

Comentarios