Armadiña Rock volve á Praza da Chousa de Combarro entre o 26 e o 28 de agosto

As dúas últimas edicións realizáronse a través de formatos reducidos
Unha edición anterior do Armadiña Rock. RAFA FARIÑA (ADP)
photo_camera Unha edición anterior do Armadiña Rock. RAFA FARIÑA (ADP)

A Asociación Cultural Deportiva e Medioambiental Armadiña anuncia que un ano máis se levará a cabo o festival musical Armadiña Rock 2022 entre o 26 e 28 de agosto na vila de Combarro.

As dúas últimas edicións realizáronse a través de formatos reducidos, mais este ano, se as condición sanitarias o permiten, a esencia armadiña que tanto caracteriza o festival volverá á Praza da Chousa para facer bailar e cantar a todo aquel que pase por alí.

Ao igual que os últimos anos o Concello de Poio axudará a impulsar esta iniciativa, así como outras entidades e empresas que pronto se anunciarán, e os detalles da programación.

Comentarios