Armadiña para tódalas idades

▶ Concertos para nenos e para adultos, circo e coloquios. Desde o venres ata o domingo, Combarro será escenario de numerosas actividades destinadas a un público interxeracional
Actuación de Amparanoia no festival. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Actuación de Amparanoia no festival. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

A décimo primeira edición do Festival Armadiña Rock arranca o venres con actuacións dende a primeira hora da tarde, despois de que o xoves  Xosé Constenla se encargase do pregón e dun concerto.

A primeira actividade do venres terá lugar ás 17.30 horas na Praza da Rualeira, cun coloquio titulado Música e Revolución. Ao remate do coloquio, as 18.30, comezará un concerto infantil a cargo de Uxía Lambona e a Banda Molona na Praza de San Roque. Ás 19.30 realizarase un pasarrúas da da man das Pandeireteiras de Ronsel e Armadiña, que tocarán a súa música durante unha hora no recinto histórico de Combarro. Rematando a tarde, ás 20.00, levarase a cabo o Circo na Chousa, baixo o título Asacocirco.

Nas primeiras horas do solpor será cando comecen os concertos na Praza da Chousa, co primeiro programado para as 21.30 horas. Os encargados de poñer a banda sonora en Combarro na noite do venres serán High Paw & Ey, Heredeiros da Crus, Nao e Bastards on Parade.

Comentarios