Poio busca asintomáticos

"Éxito" de participación no primeiro día de entrega dos tubos de mostras na Seca
Javi Cribado de Poio. IMPORTANTE. é dende as 9.30 horas e prolongarase ata as 19.30 horas. VAI SER FOTO DE PORTADA
photo_camera Cribado en Poio. JAVIER CERVERA

cribado preventivo de detección de covid-19 comezou este sábada na Seca, en Poio, coa recollida das mostras de aliva que os veciños convocados de entre 15 e 50 anos deberán empezar a entregar este domingo.

Por iso, nesta xornada agárdase máis afluencia. A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, e o presidente de Portección Civil coincidiron nesta apreciación, posto que coincidea entrega de recipientes na carpa da explanada coa recollida das primeiras mostras, que será na carpa ubicada cerca da Comunidade de Montes. Protección Civil facilitou un mapa para axudar no protocolo a seguir este domingo.

Plano explicativo

Con respecto ao sábado, Caldas non dubidou en calificar de "éxito" de participación entre os veciños e veciñas con centro de saúde en Poio, de entre 15 e 50 anos, que durante a mañá e a tarde fixeron cola a bordo dos seus automóbiles para que se lles fixera entrega dos tubos de mostras de saliva.

Caldas asegurou que, polo momento, "parece que toda a xente que recibiu a citación está participando no cribado", ao que tamén están convocados varios membros do Goberno local, entre os que se atopa ela mesma, así como o concelleiro de Urbanismo, Gregorio Agís.

Segundo informou a edil, o Concello tivo constancia de que, finalmente, o Sergas tamén convocou a varias persoas que resultaron positivas nos tres últimos meses, a pesar de que un dos criterios anunciados para levar a cabo o cribado no municipio é a exclusión desta parte da poboación.

Os outros requisitos pasan por pertencer á franxa de idade de entre 15 e 50 anos, ter un número de teléfono asociado a unha tarxeta móbil para recibir os SMS informativos, e pertencer a un centro de saúde do municipio, polo que quedaron excluídos aqueles veciños e veciñas que acoden ao médico, por exemplo, a Pontevedra.

Neste sentido, a poboación que se vai cribar estes días, tal e como informara o Sergas, supón o 70% da poboación censal total.

A xornada do sábado transcorreu sen incidencias e, tal e como explicaron a propia concelleira e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio, Vicente Caamaño, "a xente mostrouse moi colaborativa".

Así, na franxa horaria de entre as 10.00 e as 11.00 horas rexistrouse o maior pico de afluencia, cun goteo constante de coches que non cesou dende a apertura da carpa, ás 9.30, ata as 19.30 horas, cando se clausurou.

O dispositivo, no que participararon oito efectivos de Protección Civil e a Policía Local de Poio, consistiu en habilitar seis fileiras de coches, que ao longo das horas de maior afluencia permaneceron con arredor de 15 automóbiles cada unha, en constante movemento.

Na carpa, 15 persoas coordinadas por un médico distribuíronse en seis equipos para tomar os datos a cada conductor, previa comprobación do número de teléfono no que recibiu o SMS, e facerlle entrega do tubo no que deberá depositar a mostra de saliva.

Durante a tarde alivouse a concentración de automóbiles na explanada da Seca, que non estivo baleira en ningún momento. Caldas incidiu no "bo funcionamento" do operativo, que continuará durante a xornada de hoxe no mesmo horario coa entrega e recollida dos tubos por parte do Sergas, que se enviarán a Microbioloxía do Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O luns continuará a entrega de tubos de 9.30 a 16.30 horas, que se recollerán o martes ata as 14.30 horas.

Comentarios