Arrepío e medo únense á alegría nas comarcas

Ponte Caldelas, Poio, Soutomaior, Meaño, Vilagarcía e Vilanova gozaron de varios eventos
Nenos de Ponte Caldelas tratando de conseguir lambetadas este martes. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Nenos de Ponte Caldelas tratando de conseguir lambetadas este martes. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Truco ou trato, pasarelas de terror, encontros monstruosos e baile. As comarcas de Pontevedra e O Salnés apuraron ata o último minuto do último día de outubro para gozar da ampla variedade de convocatorias que había nos distintos concellos.

Foi o caso de Ponte Caldelas, onde se deron cita uns 400 nenos e adultos para unha tarde de truco ou trato, pasarela de terror e chocolate quente. Ademais, a vila tiña un castañeiro que repartía castañas quentes entre os e as asistentes.

Persoa disfrazada en Vilanova. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Persoa disfrazada en Vilanova. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

En Campelo volveu producirse unha das reunións da programación de Samaín, mentras que Arcade tiña planificada a celebración dun gran encontro en Talo Río.

Celebración en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Celebración en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

En Vilagarcía a festa trasladouse ás instalacións do Auditorio Municipal, onde actuaron o Clown de Tatana Teatro e a asociación sociocultural Nydia; en Meaño, as actividades concentráronse en Xil con unha tarde de inchábeis, merenda e pintacaras; e en Vilanova a nova sesión de Tornar as Táboas contou con moitos asistentes.

Comentarios