A aseguradora do Concello de Campo Lameiro cubrirá todas as perdas do incendio do pavillón

A Comparsa Os Solfamidas recibirá 9.700 euros polo material e instrumentos que se queimaron na noite de Reis

Exterior de la instalación, con la puerta afectada por el incendio. CHRISTIAN FERNÁNDEZ - Pabellón de Campo Lameiro
photo_camera Exterior da instalación. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

O Concello de Campo Lameiro vén de facer pública a valoración que a compañía aseguradora Mapfre ofreceu polos danos ocasionados no pavillón no incendio da noite de Reis que acabaron con todo o material da Comparsa Os Solfamidas, entre outras cousas.

Así, según relata o Concello, Mapfre acepta cubrir o 100% dos danos ocasionados polo lume a esta agrupación, o que supón a achega de máis de 9.000 euros para sufragar os disfraces e material perdidos no incendio. Tamén o material do colexio gardado na instalación e o belén artesanal quedan recollidos na peritaxe aceptada.

Las llamas en el pabellón de Campo Lameiro provocó grandes daños. OS SOLFAMIDAS

As indemnizacións que corresponden ó equipamento deportivo-lúdico do Colexio, ás figuras e elementos decorativos do Belén e ós bens da Comparsa Os Solfamidas serán aboadas pola a aseguradora ó Concello, sendo este quen mediante a presentación de facturas abone os importes.

Así, para equipamento deportivo do colexio hai unha cantidade de 4.583,25 euros. Outros 3.049,60 euros corresponden ao belén mentras que as perdas de Os Solfamidas ascenden a 9.712,88 euros. 

Ademais, as obras de reparación e reposición do anexo que ardeu correrán a cargo da aseguradora.

Comentarios