Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

Augas de Galicia esperará 15 días para consultar a validez do informe de Vilaboa sobre o abastecemento

Roberto Rodríguez, director de Augas de Galicia. GONZALO GARCÍA
Roberto Rodríguez, director de Augas de Galicia. GONZALO GARCÍA

O organismo autónomo deberá determinar se a exhaustiva documentación trasladada polo Concello é suficiente para xustificar a dispoñibilidade dos recursos hídricos

Dúas semanas. É o prazo que acaba de fixar Augas de Galicia para analizar a validez da documentación achegada polo Concello de Vilaboa para xustificar a capacidade do acuífero local para abastecer todas as variables de crecemento contempladas no seu PXOM. O dato foi achegado por Luis Poceiro á saída da reunión celebrada o mércores pola mañá, entre as 12.00 e as 14.00 horas, na que os representantes do Concello e os de Augas ían por en común o traballo realizado para cumprir este último trámite que permitiría aprobar o PXOM.

O organismo autónomo confirmou que "tras esta reunión, e na liña de colaboración institucional mantida con Vilaboa nos últimos meses, Augas de Galicia deberá determinar se a exhaustiva documentación trasladada polo Concello é suficiente para xustificar a dispoñibilidade dos recursos hídricos, antes de emitir o seu informe no marco da tramitación do PXOM de Vilaboa".

A cita foi unha reunión técnica na que se personaron especialistas de ambas partes e tamén dous xuristas. Vilaboa acudiu con Calixto Escariz e Augas de Galicia tamén cun xurista propio. "Dame a impresión de que a seguridade xurídica é moi importante e se está a actuar con moita prudencia", sinalou o rexedor á saída da reunión, na que tamén estivo o presidente de Augas, Roberto Rodríguez.

O alcalde recoñeceu que, en moitos puntos "foi alabada a nosa tarefa, que ao parecer é moi extensa", pero que en algúns xurdiron as dúbidas dos técnicos dunha e outra administración ao tratar de ver a capacidade do abastecemento no cómputo dos núcleos rurais. 

O alcalde matizou que "aínda que nos falaron dun bo traballo" ninguén mencionou na reunión "as palabras que queremos oír, que son informe favorable, e aprobación do plan", polo que acolleu con prudencia o resultado da mesma.

Augas de Galicia esperará 15 días para consultar a validez do...
Comentarios