sábado. 24.08.2019 |
El tiempo
sábado. 24.08.2019
El tiempo

Avante Poio estréase con tres mulleres liderando a lista

Membros da candidatura de Avante Poio CEDIDA
Membros da candidatura de Avante Poio CEDIDA

Contribuír a crear «un concello aberto e resolutivo, cunha xestión racional e consensuada coa veciñanza, poñendo os recursos municipais ao servizo dos cidadáns e das súas necesidades». Este é o obxectivo co que Avante Poio se estrea nunhas eleccións municipais. Liderada pola exconcelleira nacionalista (e actualmente non adscrita) Silvia Díaz, a agrupación presentou onte a súa lista, na que Rebeca Quintillán e María Bóveda completan os tres primeiros postos, que, deste xeito, estarán ocupadas por mulleres, un feito que ata o de agora nunca se dera na vila poiense. O primeiro tramo complétano Juan Carlos Carballa e José Carlos Martínez. A listaxe inclué tamén a Rosana Corredoira, Susana Portela, Pedro Santos, Marcos Pazos, José María López, Olga Blanco, Valentín Silva, Eva Lourenco, Alexandro López, Sandra Lage, Martín Moldes e Beatriz Rodríguez.

A configuración desta candidatura exemplifica a rexeneración política que busca o colectivo. Tanto é así que o 90% dos membros estréanse en política. Os criterios á hora de elixir aos seus representantes baseáronse «na súa competencia e preparación, así como na súa experiencia contrastada en movementos sociais, a cultura ou o deporte», sinala Silvia Díaz, na súa primeira aventura electoral fóra do BNG.

Avante Poio estréase con tres mulleres liderando a lista
Comentarios