Baixa a tendencia ao abandono e estabilízanse as entradas na Canceira de Poio

O refuxio recolleu este ano a 33 cans, dos que seis entraron nos últimos días, e 20 foron abandonados, ao igual que no mesmo periodo de 2020
Unha xornada de traballo na Canceira. RAFA FARIÑA / ARQUIVO
photo_camera Unha xornada de traballo na Canceira. RAFA FARIÑA / ARQUIVO

Se ben o inicio da tempada estival adoitaba ser motivo de preocupación na Canceira de Poio, este verán, aínda que "el problema no ha desaparecido" está a ser diferente. Neste sentido, as voluntarias do refuxio veñen de apreciar unha lixeira tendencia "a la baja en los casos de abandono de perros, ya que están siendo menos en esta época, que es cuando más se abandona". O refuxio deu entrada a un total de 33 animais ata o que vai de ano, cinco menos que no mesmo periodo do ano anterior, dos cales 20 foron abandonados, unha cifra similar á do ano 2020 por estas datas, que no cómputo global do total anual sumou 40 casos deste tipo.

Se ben nos últimos días a Canceira deu entrada a seis animais, as voluntarias aseguran que "este año muchos de los perros que nos llegan están perdidos y, en general, las familias los reclaman más que en años anteriores". Tal e como explican dende o refuxio Patricia Rodríguez, Rosa Pérez e Elisa López, "este año no estamos en una situación de desbordamiento, como nos ocurrió en muchas ocasiones. Se han recogido menos perros. Había años en que a lo mejor llegábamos a tener en el refugio cerca de 50 perros por estas fechas, y ahora estamos entre los 25 y los 30 de media. El cambio es bastante grande, porque ahora reclaman muchos más perros que se pierden y la tendencia va hacia una mayor concienciación".

Deste xeito, aseguran as voluntarias, o investimento no refuxio por parte do Concello foi "clave". "Hay muchas cosas que mejoraron. Desde que llegamos a un acuerdo con el Concello para mejorar las condiciones de las instalaciones, y poder tener a un trabajador que realiza las labores de limpieza, nosotras nos podemos dedicar más a la difusión. Ahora hay más voluntarios y la gente tiene más información, además que es una cuestión en la que se está insistiendo mucho más desde la Administración", aseguran. Así, teñen claro que "cuando se invierte en un proyecto hay más beneficio", e neste caso traduciuse nunha mellora da situación no refuxio que contrasta co acontecido en veráns anteriores nos que a tempada estival era sinónimo do incremento automático dos abandonos.

Dende o refuxio, as voluntarias destacan tamén un incremento dos cans que aparecen levando un chip incorporado, e que sen dúbida facilita o contacto cos donos, polo que son reclamados con máis frecuencia. No caso do chip, "las campañas de concienciación suelen ser efectivas en este sentido, ya que antes en Poio cuando encontrábamos un perro rara vez lo llevaba incorporado, y ahora es algo que se da de una forma mucho más frecuente", afirman.

A difusión, xunto a campañas de cara á cidadanía e nos centros educativos, sinalan, "ayudan a que la gente nos conozca más y se sensibilice con este tema. La inversión del Concello es una pieza fundamental, y también iniciativas como cuando fuimos a un colegio en Chancelas a hablar sobre el tema. Es clave formar a niños y adultos en este tema, para que poco a poco podamos seguir rebajando la cifra de abandonos", explican dende Fogar Can. Agora, só queda "ver como evoluciona el resto del verano, y si logramos mantener la tendencia".

Escaparate | Redes sociais, unha peza chave na difusión
As redes sociais da Canceira (Facebook: A Canceira de Poio) son unha ferramenta fundamental á hora de dar a coñecer a situación dos animais que viven no refuxio, e de concienciar á cidadanía sobre as consecuencias de abandonar un animal. Sen ir máis lonxe, o pasado Nadal, a voluntaria Patricia Rodríguez ideou unha campaña para difundir a idea de que "un animal non é un xoguete", que obtivo boa resposta nun momento en que o refuxio precisaba axuda. Ademais, as voluntarias tratan de difundir datos e imaxes dos cans que precisan urxentemente un fogar, como é o caso de Perla, Rufo ou Jerry

Comentarios