sábado. 30.05.2020 |
El tiempo
sábado. 30.05.2020
El tiempo

Barreiro: "Preferimos non ser campións da regra de gasto e non pechar paritorios"

O Pleno nunha sesión anterior. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
O Pleno nunha sesión anterior. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
O tripartito defendeu no Pleno a súa xestión económica, ante as críticas do PP pola necesidade dun novo Plan Económico Financieiro ►Rexeitada a moción dos populares sobre o aparcamento

A primeira gran contenda do Pleno celebrado este martes no Concello de Poio entre Goberno local e a oposición veu motivada polo debate a raíz do peche e liquidación do orzamento de 2019, con 17 millóns de euros ingresados con respecto aos 12 millóns orzados. Segundo o concelleiro popular, Sergio Pereira, "incumpre a regra de gasto en 1,4 millóns de euros", o que supón un novo Plan Económico e Financieiro. "Isto quere dicir que haberá máis restriccións en recortes sociais, infraestruturas e servizos básicos para os que non vai haber cartos", sinalou Pereira.

A isto replicou o edil de Facenda, Xulio Barreiro, quen explicou que "cando se elabora o orzamento, faise cos ingresos seguros. A xestión deste Concello fai que eses ingresos se eleven a 17 millóns de euros, mediante a búsqueda doutros recursos. O nivel de xestión de ingresos e gastos está ao 95%. Se cumpriramos coa regra de gastos, non poderiamos ter gastado en Poio 17 millóns de euros. Preferimos non ser campións da regra de gastos coma Feijóo e non pechar paritorios", dixo.

APARCAMENTOS. Durante o Pleno, no que se debatiron temas coma a devolución do IVE a Galicia por parte do Goberno central ou a moción impulsada pola corporación municipal con motivo do 8M, foi a moción presentada polo PP sobre a creación de prazas de estacionamento a que centrou o segundo gran debate, no que a edil do PP Maritxe González destacou Raxó e San Salvador como algunhas das zonas máis afectadas. "En San Salvador non hai garaxes particulares e soamente temos tres puntos con caixeiros onde non hai aparcamento, nin servizo de autobús", dixo.

Pola súa parte, o Goberno local asegurou que "se continúa avanzando nas xestións para dotar ao municipio de novos espazos destinados a acoller prazas de aparcamento" e que "a adquisición de terreos para aumentar os estacionamentos non é a única medida na que se está a traballar. Tamén se aposta pola reordenación de espazos, co obxectivo de optimizar a dotación de prazas e racionalizar o uso da vía pública".

Sobre a moción, que non foi aprobada polos nove votos en contra da corporación, esta asegurou que "levamos moito tempo traballando neste asunto e haberá resultados en pouco tempo".

Barreiro: "Preferimos non ser campións da regra de gasto e non...
Comentarios