miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Barro adxudica por 100.000 euros a reforma integral do parque Ría de Barosa

Parque Ría de Barosa. DP
Parque Ría de Barosa. DP
As melloras terán que ver sobre todo coa accesibilidade

O Concello de Barro aprobou en pleno a adxudicación do proxecto de mellora e conservación do parque Ría de Barosa. 

Estas actuacións contan cun orzamento de 100.000 euros, e serán realizadas por Servicios medio-ambientales del Miño. 

O goberno local pretende realizar unha serie de melloras en todo o parque. Unha das principales ten que ver coa accesibilidade, "unha das principais eivas na actualidade", según recoñece o propio concello nun comunicado. Nese sentido, mellorarase a rampa de acceso á zona das fervenzas e construiranse rampas para acceder á illa desde a zona norte. 

Ademais, desbrozarase, cortaranse invasoras e levarase a cabo unha plantación de árbores autóctonas. Tamén se realizarán melloras nas sendas, o mobilizario ou a sinalización. 

A mellora integral do parque Ría de Barosa inclúe a instalación dunha illa de reciclaxe e a construcción duns novos baños. 

Barro adxudica por 100.000 euros a reforma integral do parque Ría...
Comentarios