Barro entregouse ao bo viño e Corredoira, ao requeixo

A xornada tivo tamén maxia, a cargo do Mago Antón, e música, grazas á verbena protagonizada polas orquestras Claxon e Pontevedra

Degustación de caldos na cita. OLGA FERNÁNDEZ - Festa do Viño de Barro
photo_camera Degustación de caldos na cita. OLGA FERNÁNDEZ - Festa do Viño de Barro

O Pazo da Crega acolleu este venres o inicio da Festa do Viño, coa lectura do pregón das festas a cargo da mestra do CEIP Amor Ruibal Claudia Favorecido, unha docente que leva máis de 20 anos a traballar no concello e dando mostras da súa capacidade dinamizadora. De feito, o seu pregón foi acompañado dunha danza ensaiada polos alumnos do centro que colleitou o aplauso do público.

A xornada tivo tamén maxia, a cargo do Mago Antón, e música, grazas á verbena protagonizada polas orquestras Claxon e Pontevedra. Ests sábado foi a quenda das catas de viño por parte do xurado da festa, así como da música, co concerto da Coral de Barro e coa verbena, coa Marbella e Miramar como protagonistas.

Na Festa do Viño de Barro todos bailaron cos nenos. OLGA FERNÁNDEZ

A festa despedirase o domingo coa concentración de motos Lambretta, o certame de pintura rápida, a degustación gratuíta de sardiñas asadas (desde as 12.30 horas) e a entrega de premios para os mellores albariños de D.O. e de colleiteiro. Pola noite, a Banda Xuvenil, Paco Lodeiro e a homenaxe a Los Tamara porán o punto e final a este evento.

REQUEIXO. En Cerdedo-Cotobade é fin de semana de requeixo, grazas á festa de Corredoira, que comezou o venres coa tradicional degustación do produto artesanal, acompañado de churrasco e outras delicias.

Comentarios