Barro, un espazo natural único

O concello de Barro presenta rincóns máxicos aos que achegarse e que permiten escapar dos lugares máis transitados das Rías Baixas nos meses de verán. Ofrece zonas de baño que se fusionan coa natureza, restos arqueolóxicos que transportan a outra época, construccións relixiosas e antigas figuras medievais
A pesar das numerosas confusións que provoca o nome deste rincón, a súa
denominación fai referencia a un antigo camiño que atravesaba a zona, o cal
fixo que se bautizase como ‘Ría Barosa’.
photo_camera A pesar das numerosas confusións que provoca o nome deste rincón, a súa denominación fai referencia a un antigo camiño que atravesaba a zona, o cal fixo que se bautizase como 'Ría Barosa'.

O municipio de Barro atópase na rexión de Ría e Terras de Pontevedra, xa que aséntase entre o mar e as montañas do interior de Galicia, creando así un entorno idílico, onde os protagonistas son os ríos e bosques de flora autóctona. Entre os seus lugares de interese natural e patrimonial, existen algúns que sobresaen sobre o resto e que non deben ser esquecidos.

Parque Ría de Barosa

Trátase dun espazo natural situado na provincia de Pontevedra e no concello de Barro, próximo ao seu límite norte. Este parque conta cunha ruta de 4 kilómetros que percorre as proximidades do río, e na que se poden divisar 17 antigos muíños de auga ubicados ás marxes do Río Barosa, así como numerosas fervenzas entre as que destaca a de maior tamaño, que alcanza os 30 metros de desnivel. Foi denominado Ría Barosa debido a que antigamente discorría pola zona un camiño que presentaba dito nome. En Galicia os ríos de pequeno tamaño soen adoptar o nome do lugar polo que discorren. Tamén conta con paneis informativos sobre o que respecta á flora e ás rutas da zona, así como tamén se poden descubrir diversos monumentos e pracas conmemorativas.

Pero un dos motivos principais que converten o Parque Natural Ría de Barosa un dos lugares de maior interese turístico é o seu espazo recreativo, que permite aos visitantes gozar de momentos de ocio e descanso. Dispón dun conxunto de merendeiros, barbacoas, fontes, servizos de aseo, un amplo aparcamento e un parque infantil; a maiores, pódese gozar dunha exemplar comida no restaurante construído nun dos muíños máis grandes. A amplitude de servizos que ofrece o parque provoca que nos veráns cheguen moitos turistas curiosos á zona, posto que tamén se convirte nunha zona apta para o baño e unha excelente alternativa á costa.

Monte Bazar

Este roteiro de petroglifos ubicado en Barro resulta unha das visitas turísticas máis atractivas do Concello, xa que contan cun gran significado simbólico. Antigamente, antes da existencia da escritura, as sociedades agrícolas comunicábanse a través de códigos simbólicos para marcar o seu territorio ou simplemente para contar algo. Una pequena parte deses restos que se conservan se atopan neste enclave patrimonial. A través dunha ruta de 3 kilómetros, que se percorren en arredor de 30 minutos, poden percorrerse tres lugares que presentan mostras da arte prehistórica de gran valor, inseridas na súa contorna natural.

Dentro destes tres emprazamentos se encontra o Castro Loureiro, que é un grupo rocoso de que inclúe catro bloques de granito con motivos xeométricos de círculo concéntricos con coviña central ou non e trazos lineais, o Outeiro de Codeso,que ofrece a maiores grupos de coviñas dentro do círculo ou repartidas pola superficie e a Pedra Mirtada, que destaca por presentar un grupo de 5 coviñas soltas e outras 5 en torno a unha liña, en xeral moi erosionadas. Os tres enclaves se atopan unidos entre si por un carreiro circular sinalizado. Unha recomendación xeral para visitar este lugar é acudir durante os primeiros raios do sol ou no atardecer, para explotar a experiencia da contorna máxica que presenta o lugar.

Igrexa de San Breixo

Esta igrexa resulta moi relevante para o Concello, posto que presenta unha localización privilexiada; atópase no alto dun outeiro, rodeada dunha gran chaira, o cal favorece a celebración dunha das romarías máis importantes da comarca e que é unha razón de peso á hora de atraer xente doutras zonas ou comarcas. O culto ao Santo Breixo rexístrase dende o século VII, converténdoo así nun dos cultos cristiáns máis antigos de Galicia. Existe a posibilidade de que neste enclave houbera antes un asentamento castrexo e que xa fora un lugar de culto precristián, ata chegar a Idade Media, onde se ergueu o templo cristián.

A igrexa sufriu varias reformas e ampliacións, e unha destas realizouse tras un evento ocorrido o 13 de decembro de 1893, onde se di que un raio derribou a torre da igrexa, as campás e o primeiro corpo da cuberta, xusto dous anos despois de ser renovado o armazón do tellado. Ante o suceso, comezaron a xurdir diversas lendas sobre as campás: unha fala de que estas foron fundidas polo raio, e outra, sen embargo, asegura que estas saíron despedidas e que remataron soterradas na Barosa. A realidade é que, segundo documentación acreditada, as campás foron fundidas e o párroco ingresou unha cantidade de diñeiro por elas, que despois empregou para pagar parte do custo da reconstrución dos elementos danados.

Leguario de Perdecanai

Este curioso poste de granito, que atópase no que na actualidade coñécese como a carreteira N-550, é un elemento que tende a pasar desapercibido para moitos viaxeiros. Construíuse no século XVIII para marcar en leguas unha rede de camiños que tiñan como punto de orixe a capital do país, comunicando esta co resto de poboacións. Ten unha chamativa forma piramidal e se pode acceder a él chegando ao Camiño Real, que unía antigamente Santiago con Pontevedra.

Servía de moita utilidade para os viaxeiros, xa que marcaba a distancia preto dos 7 kilómetros, así como tamén ofrecía o seu propio reloxo de sol, que a dia de hoxe segue a marcar a hora para todo aquel que pase ao seu carón. Preto do leguario atópase o acceso a Perdecanai, en cuxa igrexa pódese visitar unha campaña bicentenaria, ademais do fermoso Cruceiro de Tribá.

Comentarios