Barro estreou a exposición 'As Senlleiras' no Concello

O consistorio acolle na sala de exposicións un pequeno bosque

Inauguración da exposición en Barro. RAFA FARIÑA_2
photo_camera Inauguración da exposición en Barro. RAFA FARIÑA

Un pequeno bosque ocupa o centro do Concello de Barro desde onte. Trátase da exposición As Senlleiras, que poderá ser visitada ata o 29 de abril. Con ela preténdese pór en valor o patrimonio natural da provincia e dar a coñecer as características das árbores máis singulares. Ademais, está programada unha actividade complementaria que, co título Verbas no monte, combina música con narración oral e que está especialmente dirixida a público infantil e escolar.

Terá lugar o venres 27 de abril ás 10 horas na sala de exposicións do Consitorio.

A mostra recolle 35 árbores senlleiras catalogadas na provincia de Pontevedra, está composta por paneis ilustrativos e foi desenvolvida pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

Comentarios