lunes. 26.08.2019 |
El tiempo
lunes. 26.08.2019
El tiempo

Barro impulsa un proxecto para mellorar a contorna do parque da Barosa

Vista xeral do parque da Barosa. CEDIDA
Vista xeral do parque da Barosa. CEDIDA

A actuación contará cun orzamento de 100.000 euros e contempla varios traballos

O Goberno municipal de Barro elaborou un proxecto para a mellora integral do parque de Barosa. O que se pretende con esta actuación é "mellorar varios aspectos que non quedaran ben resoltos no seu día", ao mesmo tempo que se fai un mantemento integral de todo o que se deteriorou co paso dos anos, tal e como senala o equipo liderado por Xosé Manuel Fernández Abraldes.

Tal e como lembra o bipartito, esta zona "é un espazo dun alto valor natural e etnográfico, que recibe miles de visitantes ao longo do ano, tanto do concello doutras vilas. Sobre este emprazamentos non se volvera actuar dende que se executou o proxecto inicial".

As actuacións previstas, que contan cun orzamento de 100.000 euros, teñen como obxectivo a mellora da accesibilidade tanto na rampa de acceso á zona baixa do parque como á illa dende a zona norte, a dotación duns novos baños públicos que alivien a sobrecarga de usuarios dos existentes, sobre todo nos meses de verán, un tratamento de silvicultura global, a reparación das sendas existentes no entorno e doutros elementos que se foron deteriorando co uso e o paso do tempo e a mellora da sinalización.

Con esta posta a punto, Barro continúe sendo un dos motores de promoción turística da vila pontevedresa.

Barro impulsa un proxecto para mellorar a contorna do parque da Barosa
Comentarios