O Pavillón Municipal de Barro acolleu este domingo a última xornada da cuarta edición da RaxoFesta, unha iniciativa impulsada polo Barro Club de Fútbol para recaudar fondos e que hoxe en día xa está consolidada como cita gastronómica de referencia na vila.
Raxo con patatas, en empanada ou en richada foron algunhas das especialidades que os asistentes, moi numerosos a pesar da chuvia, tiveron ocasión de degustar.
As racións tiñan prezos populares.
Ademais, tamén se habilitou un mercadiño artesenal con diferentes produtos.