Barro remata o arranxo das estradas de Faxil e A Cancela, dotado con case 40.000 euros

Percorrido polos viais arranxados no concello de Barro. DP
photo_camera Percorrido polos viais arranxados no concello de Barro. DP

As obras de pavimentación de viais nos lugares de Faxil e A Cancela, en Barro, están rematadas. Así o explicou o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, nun percorrido recente que fixo por ambos viais, que requeriron dun investimento de 39.875 euros, financiado cunha subvención de 32.955 euros da Consellería de Medio Rural, dentro do Plan Marco 2020-2021 de Agader para a mellora de camiños rurais.

Con esta actuación acadouse a mellora dos viais, que melloran a comunicación interna nestes lugares das parroquias de Agudelo e a Portela. Segundo aclarou o responsable municipal, facía moitos anos que non se actuaba en ambas estradas e nalgún caso estaban totalmente desfeitas desde as obras de execución do eixo atlántico ferroviario.

Barro investiu máis de 165.000 euros ao longo do 2020 en pavimentar viais para dar seguridade á circulación e mellorar notablemente os accesos aos núcleos de poboación.

Comentarios