O BNG de Cerdedo alega contra os parques eólicos de Siroco, Tramontana e Rula

Os nacionalistas denuncian que estes novos proxectos "danan o concello ao non ser respetuosos nin co medio natural nin co patrimonio"
Membros do BNG de Cerdedo-Cotobade diante do Concello. DP
photo_camera Membros do BNG de Cerdedo-Cotobade diante do Concello. DP

O BNG de Cerdedo-Cotobade alegou contra os novos proxectos eólicos que afectan severamente ao municipio: Tramontana, Siroco e Rula. Os dous primeiros están promovidos pola empresa Greenalia e o terceiro por Green Capital Power.

O partido naciolanista demanda "unha enerxía eólica sustentable, xusta e galega" que revirta os beneficios no territorio e sexa "respetuosa co medio natural e co patrimonio". Porén, expoñen que os proxectos dos últimos parques eólicos propostos teñen como único obxectivo "engordar os beneficios das grandes empresas trasnacionai"». En efecto,o portavoz municipal, Ernesto Filgueira, manifesta que a normativa do Goberno popular deixa "indefensos aos propietarios dos terreos" e incluso aos propios concellos que son quenes "deben soportar o impacto".

Destes novos proxectos denuncian aspectos como "o modelo de tramitación, que afecta á veciñanza e ás administracións; a fragmentación en parques máis pequenos que impiden a correcta avaliación ambiental; a presenza de incoherencias nos estudos de impacto ambiental; a repercusión negativa na economía local; a damnificación da fauna, flora e do patrimonio; e a depreciación de terras e vivendas ao producirse a recalificación urbanística trala instalación dos eólicos".

Así, o BNG aposta por "un modelo con participación pública nos beneficios da riqueza eólica" onde demandan que estes parques "se vinculen a proxectos industriais que xeren emprego".

RECOLLIDA DE FIRMAS. A plataforma Asieolicosnon, convoca para este venres 23 de xullo, unha recollida masiva de sinaturas fronte o rexeitamento da implantación de parques eólicos na zona. Terá lugar no concello de Carballedo a partir das 10.00 horas.

Comentarios