O BNG demandará un novo parque de Bombeiros para as zonas de sombra

A reunión celebrada entre o parlamentario e os voceiros municipais. DP
photo_camera A reunión celebrada entre o parlamentario e os voceiros municipais. DP

O deputado do BNG por Pontevedra Luís Bará presentará o día 16 en comisión parlamentar a primeira das preguntas e iniciativas plantexadas para conseguir unha resposta da Xunta ás demandas sobre a cobertura de emerxencias na zona de sombra da comarca de Pontevedra e os seus aledaños. Bará, que este xoves se reuniu con representantes municipais de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Moraña, lembrará que, ademais destes concellos, os de A Lama, Ponte Caldelas e Forcarei padecen as mesmas eivas: a cobertura do servizo de extinción de incendios en isocronas superiores aos 20 minutos. Os representantes do BNG acordaron instar á Xunta a que lidere a solución a este problema, xa que é a institución que ten as competencias de coordinación, planificación e elaboración do mapa de emerxencias. O BNG demanda a creación dun novo parque de bombeiros, que ten que ser o resultado dun estudo serio e riguroso, e dun diálogo efectivo entre Xunta, Deputación e concellos afectados.

Comentarios