O BNG logra que o PP apoie a petición de máis medios para o IES de Soutomaior

O Concello dirixirase á Xunta tras un Pleno monográfico sobre a precariedade do centro no que dimitiu o equipo directivo como protesta
Manuel Lourenzo BNG
photo_camera Manuel Lourenzo. D.P.

O Concello Soutomaior celebrou o martes pola mañá un pleno extraordinario monográfico sobre o IES, convocado despois de que o solicitase o BNG facendo uso da facultade que lle confire o Regulamento de Bases de Réxime Local. O desencadentante da sesión é o futuro do centro, que afronta un novo curso cunha situación moi complicada debido as carencias de espazo e medios.

O BNG defendeu que a negativa da Xunta de atender ás peticións do centro motivou que a dirección do IES enviase unha carta de renuncia á Xefatura Territorial ante a precaria situación de cara ao curso que vén.

"O alumnado ten as mesas pegadas ao encerado en aulas diminutas para 30 alumnos; os días de choiva non hai espazos cubertos; e hai que eliminar aulas de informática para meter alumnos", declarou o voceiro do BNG, Manuel Lourenzo, que  tamén criticou que "esta situación dificulta que se poidan ofertar grupos de diversificación curricular ou FP básica. Isto non é normal nun instituto de recente construción". O BNG, que mesmo pedía a dimisión do xefe terrtitorial de Educación, aviuse a negociar a petición á Xunta de melloras no centro para lograr o acordo unánime co PP: piden que se constrúan aulas no ximnasio e un pavillón deportivo separado como medida de choque.

Comentarios