BNG e PSOE de Barro comezan as negociacións abordando cuestións programáticas

As dúas formacións coinciden en que un pacto de Goberno bipartito é a primeira opción, aínda que o PSdeG se abriría a outras opcións
Os integrantes da comisión negociadora que se reuniron o pasado martes no local do BNG de Barro. D. P.
photo_camera Os integrantes da comisión negociadora que se reuniron o pasado martes no local do BNG de Barro. D. P.

A primeira das reunións entre BNG e PSOE de Barro para negociar un posible pacto de Goberno solventouse o martes con un inicio de conversas centrado en aspectos dos programas e en reivindicacións de distinta índole.

O BNG sinala ao respecto que "as dúas formacións parten de que un goberno bipartito é a primeira opción na que traballar, pero non se descartan outras por parte do PSdG-PSOE".

Á reunión asistiron o alcalde en funcións Xosé Manuel Fernandez Abraldes, a membro da lista Andrea Pérez, o edil en funcións e integrante da candidatura Iván Bello e o responsable local Santiago Pazos Ucha, polo BNG, que ten cico edís electos. O PSOE, que ten tres edís electos, compareceu coas números 2 e 3 da lista, Lía Rodríguez Barros e Rocío Touriño, así como coa integrante da executiva, Silvia Sabarís, e o militante Jorge Campaña. O BNG indicou que nesta cita "falouse sobre temas relativos á ampliación de horarios de distintos servizos como son: Piscina, centro cívico e Espazo Concilia; estas peticións quedaron a expensas da viabilidade económica. Ademáis disto falouse de cuestións relativas ao estado actual do colexio, desde o BNG plantexouse a necesidade de seguir mellorando e esixir á Consellería de Educación os investimentos necesarios".

Ambas formacións emprazáronse a seguir falando nunha reunión que previsiblemente será o sábado.

Comentarios