O BNG de Soutomaior alerta dun novo colapso no centro de Atención Primaria

Os veciños non poden conseguir unha cita ata dentro de dúas semanas
Imaxe dunha manifestación convocada polo BNG en Soutomaior, a principios deste mes. D.O.
photo_camera Imaxe dunha manifestación convocada polo BNG en Soutomaior, a principios deste mes. D.O.

O centro de saúde de Soutomaior sufre un novo colapso e deixa sen atencion médica a veciñanza durante máis de dúas semanas, según o BNG de Soutomaior. A formación vén de constatar un novo colapso do centro de saúde do Concello, denunciado polos veciños. O centro está "saturado unha vez máis pola alarmante falta de profesionais, que deixa a veciñanza sen unha atención médica digna e de calidade".

O portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, explicou que a aplicación do Sergas só lles permite pedir cita "para dentro de dúas semanas". Lourenzo criticou que, "cando ocorreu no verán, Agustín Reguera puxo de escusa o período de vacacións, pero isto demostra que falamos dunha precariedade constante, consecuencia das políticas do "tesoirazo" do PP na Xunta e do desleixo e inacción do PP en Soutomaior".

O BNG denuncia que ademais a xente espera horas para que lles collan o teléfono no centro, motivo polo que pon o acento na falla de persoal xeralizada.

Comentarios