martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

O BNG de Vilaboa boicoteará as actuacións da Banda de Música da Brilat

Miembros de la Brilat. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Miembros de la Brilat. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Os nacionalistas critican a visita do alcalde para establecer relacións formais coa base "que só aportou conflictos veciñais"

O BNG está fóra do Goberno de Vilaboa e non deixará cen días de cortesía ao novo alcalde antes de exercer de oposición. Así o amosou onte cun duro comunicado, emitido despois de case todo un día de críticas ao Goberno nas redes sociais, por culpa da visita do alcalde, César Poza, á Base General Morillo.

Poza, que acudiu coa edil Carme Gallego ao centro, explicou que aspira a que esta visita serva para acadar unha boa colaboración da base do Exército e mencionou propostas como cooperación loxística en casos nos que sexa preciso, ou a idea de contar coa banda de música da base na programación cultural do Concello.

A reacción do BNG non se fixo esperar, e a formación considera unha afrenta tanto a visita, que entenden que obvia parte da historia recente do concello, como a idea de contar coa banda de música, posto que Vilaboa conta con banda e escola de música propias, con apoio municipal, e moi aceptadas a nivel local.

"O único que ten aportado a existencia dese enclave militar para as nosas veciñas, historicamente, é unha sucesión de conflictos veciñais e loitas; polos dereitos das veciñas e das Comunidades de Montes do noso concello a usar as súas propiedades e a ter unha vida fóra das esceas bélicas e militaristas", indican nun comunicado.

Os nacionalistas atopan totalmente censurable a actitude do PSOE e indican que o ofrecemento para que a Banda da Brilat actúe en eventos en Vilaboa pode mesmo considerarse indicador da "falta de proxecto" do Goberno local.

"No momento actual de pandemia no que nos atopamos, e que ten situado ao sector cultural do noso país nunha situación de vulnerabilidade e sustentabilidade económica, é momento de facer unha aposta seria desde as institucións á hora de programar actividades e promocionar a nosa cultura. Se a maior aposta cultural do concello de Vilaboa vai ser a de promocionar e difundir a Banda de Música da Brilat, parécenos un insulto. Un insulto a un sector económico que representa unha parte importante do PIB galego, un insulto ás ascociacións culturais que traballan no concello para dar unha oferta cultural rica e digna ás nosas veciñas, e un insulto a Escola de Música de Vilaboa", indica o equipo de Ornela Fernández Salgado.

O BNG conclúe que, directamente "boicoteará" todos os actos "dirixidos ao branqueamento, promoción e divulgación da cultura militar e do militarismo, na que está inserida a banda de música militar do cuartel de Figueirido". 

O BNG de Vilaboa boicoteará as actuacións da Banda de Música da Brilat
Comentarios