María José Sendra: "Sempre que cae un premio é toda unha alegría para o pobo"

Na Administración número 1 de Ponte Caldelas foi premiado un boleto do Gordo da Primitiva por valor de 184.000 euros
A propietaria, María José, sinalando o cartel que acredita que o premio caiu en Ponte Caldelas. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera A propietaria, María José, sinalando o cartel que acredita que o premio caiu en Ponte Caldelas. BEATRIZ CÍSCAR

A provincia de Pontevedra volve saudar a fortuna que propician os xogos de azar, desta vez no Concello de Ponte Caldelas, a través do Gordo da Primitiva que deixou un premio de 183.774 euros nun único acertante.

O sorteo foi celebrado este domingo 8 de agosto no que a combinación gañadora estivo conformada polos números 39, 13, 33, 52 e 35. O número clave, o reintegro, foi o 5, do que non houbo ningún acertante de primeira categoría (cinco +1), pero si de segunda, que foi o que se correspondeu co boleto validado na Administración de loterías número 1 de Ponte Caldelas, situada na rúa da Igrexa, número 12.

A propietaria da Administración, María José Sendra, sinalaba que, ata o momento, "se descoñece á persoa agraciada" xa que ninguén foi reclamar aínda o premio nin tampouco se manifestou ao respecto. Trátase dunha incógnita xa que o municipio está a recibir moitos visitantes ao longo deste verán e a esta Administración van mercar con frecuencia "tanto turistas como veciños da comarca". Así mesmo, a dona incidiu en que "ao dispor de tres meses para recoller a contía, poida que nunca se coñezca ao gañador, e máis se se dirixe só ao banco". De tódolos xeitos, María José amosouse contenta e satisfeita xa que sempre que cae un premio no lugar é "toda unha alegría para o pobo".

Ademais, esta Administración de Lotería tivo o "pracer" de repartir máis premios importantes en anos pasados. O máis recente foi o Quinto Premio de Lotería Nacional do Sorteo Extraordinario de Nadal do 22 de decembro de 2020, que nunca antes repartira un premio no Sorteo de Nadal. En 2018 tamén a sorte fixo unha parada nesta vila cun Segundo Premio de Lotería Nacional do Sorte do Xoves do 26 de xullo. E, non menos importantes, foron tamén un premio de cinco acertos de El Quinigol do domingo 18 de xaneiro de 2015, amais dun Pleno ao 15 da Quiniela do domingo 23 de setembro do ano 2012.

A sorte non deixa de sorrir á comarca pontevedresa en menos dunha semana con dous premios importantes. En efecto, a pasada semana o boleto de El Millón dosorteo do Euromillóns deixou un millón de euros en Marín, cunha aposta selada na Administración Nº 1 Tica, situada na Rúa da Ponte 6, e que nunca antes repartira un premio dun valor tan alto.

El Gordo de la primitiva. A contía total recaudada neste sorteo responde á cifra de 419.397.600 euros que procede de 2795984 apostas seladas.

O total de apostas premiadas no sorteo alcanzou a suma de 508.710 euros. Desta volta, non houbo ningún acertante de cinco números e o reintegro, o que supón que o bote do próximo sorteo sexa de 12.800.000 euros. Así, o único boleto premiado cos cinco acertos levouse a cantidade de 184.000 euros, con catro acertos e o reintegro (número clave). Ademais, hai 36 apostas que se levaron 928 euros e 170 apostas que, como presentan catro acertos, cobrarían 229 euros. En canto ás apostas de tres acertos e reintegro, a contía que se levan é de 37 euros e suman un total de 1.190, mentres que as que están conformadas só polos tres acertos levarían 17 euros e correspóndense con 8.366 apostas. No que respecta ás de dous acertos máis o reintegro, levaríanse 5 euros e ascenden a un total de 18.712 apostas. Finalmente, obteñen 3 euros as 135.907 que acertaron dous números.

Comentarios