Un bulldog inglés de récord na III Exposición Internacional Canina de Ponte Caldelas

Podio de la exposición. CEDIDA
photo_camera Podio de la exposición. CEDIDA

O Bulldog Inglés Bulls Camelot Avalon The Legendary gañou este domingo o título de Best In Show da III Exposición Internacional Canina de Ponte Caldelas, un recoñecemento que sumou aos dous que colleitou o pasado sábado, pois tamén levou o galardón de Best In Show na Exposición Nacional e o premio ao Bulldog do Ano 2019.

Nesta última modalidade acadou 150 puntos, unha puntuación xamais alcanzada anteriormente, e que demostra a calidade morfolóxica do can, o seu porte e a actitude durante a exhibición.

O Club Kennel entregou ao alcalde, Andrés Díaz, unha medalla como recoñecemento á labor de impulso e visibilización das actividades caninas.

Comentarios