domingo. 28.02.2021 |
El tiempo
domingo. 28.02.2021
El tiempo

Buscan un novo fogar para Chuli, a cadeliña orfa do falecido párroco de Raxó

Chuli, a cadela que busca unha familia. CEDIDA
Chuli, a cadela que busca unha familia. CEDIDA
A Canceira de Poio advertiu que o animal, que conviviu os seus oito anos de vida con don Antonio, non se está a adaptar á vida no recinto
Cando en 2012 unha cadela vagabunda entrou na finca do recentemente falecido párroco de Raxó, don Antonio Fernández Rodríguez, e deu a luz alí a varios cachorros, o párroco non dubidou en adoptar, dentro das súas posibilidades, a un deles. Así foi como comezou a súa historia con Chuli, a súa inseparable cadeliña que, dende había oito anos, acompañábao a todas partes, e coa que conviviu ata o seu falecemento, o pasado fin de ano. A partir dese momento, o Concello de Poio entregou a custodia de Chuli á Canceira municipal, na que a cadela permanece ata o momento, se ben as voluntarias que se encargan do refuxio advertiron nas últimas horas que o animal «non se está a adaptar» ás condicións de vida do recinto, polo que demandan con urxencia un fogar para que Chuli poida ter unha nova vida cunha familia.

Neste sentido, explicou a tesoureira e voluntaria do refuxio, Elisa López Puello, a cadela, nacida a finais de 2012 e que conta con microchip, "está desubicada y asustada. Cuando la sacamos llora y no deja de buscar a su dueño, una cara conocida. Con las personas se lleva bien, porque es muy mansa, pero no se adapta a estar rodeada de tantos animales".

Na actualidade, coma todos os cans que entran na Canceira, Chuli xa pasou uns días en illamento á súa chegada, e agora atópase no patio das instalacións do refuxio con outros cans, pero prefire manterse á marxe. "Se nota que es una perrita que había convivido con su dueño y que no había socializado demasiado con más animales", sinala López Puello, que tamén insiste na urxencia en mellorar as condicións de vida de Chuli. "Ella lo que necesita son personas, una familia para poder empezar de cero. Echa de menos a su dueño y le busca por todas partes", lamenta. O refuxio facilita o teléfono 620 146 033 para aqueles interesados en ofrecerlle un fogar a Chuli.

O refuxio pide doazóns de casetas

A onde de frío estase a sentir forte no refuxio poiense, onde as voluntarias fan todo o posible por manter aos animais illados. As temperaturas baixo cero rexistradas nas últimas xornadas chegaron a conxelar a capa superior dos bebedoiros, con ata un dedo de grosor de xeo. Dada a actual situación, as voluntarias optaron por instalar casetas con mantas grosas no interior dos canís, para que os animais se poidan resgardar mellor. Por este motivo, piden doazóns de casetas de madeira ou plástico, co obxectivo de protexer do frío á maior cantidade de animais posible.

Cans anciáns en inverno

Os cans máis anciáns son "los que peor lo pasan. Ya de por sí la vida en la perrera es dura, pero para ellos mucho más", sinala López Puello. Así, dende a canceira insisten na necesidade de ofrecer fogares aos cans destas características, que están a vivir un inverno "muy duro".

Buscan un novo fogar para Chuli, a cadeliña orfa do falecido...
Comentarios
ç