O Campo das Laudas de Cerdedo xa acolle a placa de Martiño Ferreiro

Dous netos do republicano de Quireza represaliado acudiron á homenaxe, na que se leu un poema inédito da súa autoría
Un momento do acto de reposición de memoria histórica de este domingo. J.L. OUBIÑA
photo_camera Un momento do acto de reposición de memoria histórica de este domingo. J.L. OUBIÑA

O coletivo memorístico Capitán Gosende celebrou este domingo a mediodía o acto para reestablecer a figura dun dos veciños do territorio de Cerdedo que padeceron a represión fascista durante o franquismo. Na quinta ocasión na que se reuniron os impulsores do Campo das Laudas de Meilide o protagonista foi Martiño Ferreiro Álvarez, un construtor e concelleiro na Coruña nado na parroquia de Quireza. Na cita, na que se rendeu homenaxe a este político que foi concelleiro durante o quinquenio republicano, Capitán Gosende contou coa presenza de dous netos de Ferreiros Álvarez e a dona de un deles. Un dos descendentes puido ler unhas palabras moi sentidas reivindicando a figura de seu avó. Na cita tamén Calros Solla, voceiro de Capitán Gosende deu lectura a un documento, neste caso achado por membros da asociación nas pesquisas realizadas para reestablecer a figura de Martiño Ferreiro. Trátase dun texto da autoría do político republicano que de xeito poético describía os avances da situación bélica que viviu despois do alzamento nacional. 

Martiño Ferreiro Álvarez naceu en Cerdedo no ano 1892 e destacou no mundo da construción, pero tamén era político, e foi concelleiro cos alcaldes Ángel Senra e Suárez Ferrín, na Coruña. Crese que pertenceu ao Partido Republicano Radical Socialista ou a Unión Republicana. Cando A Coruña se viu asediada polas forzas de Franco, Martiño refuxiouse a Cerdedo.Desde aí escapou a Portugal e máis tarde a Francia desde onde fixo incursións para loitar pola causa en Levante. Detivérono en Francia e tras estar no campo de prisioneiros de Argelès-sur-Mér, acabou en mans dos nazis e foi trasladado a Mauthausen e posteriormente ao subcampo de concentración de Gusen, onde faleceu o 23 de novembro do ano 1941.

Comentarios