O popular Carlos Costa foi elexido alcalde de Campo Lameiro este sábado no pleno máis madrugador da provincia. Celebouse ás 9.00 horas e rematou ás 9.30 horas. A mesa de idade constituírona Paz Vidal (PSOE) e Eva Campos (PP). A sesión foi tan tempraneira porque o pediu a secretaria do Concello, xa que a data coincide coa voda da súa filla.
Neste Concello non hai bastón de mando, polo que o alcalde saínte, Julio Sayáns, fixo entrega das chaves do consistorio a Costa.