Campo Lameiro denuncia un grave caso de maltrato animal a unha vaca que tivo que ser sacrificada

O animal estaba cheo de moscas e totalmente rendido en situación agónica
La vaca. DP
photo_camera La vaca. DP

O Concello de Campo Lameiro comunicou ao Seprona da Garda Civil o que considera un grave caso de presunto maltrato animal tras ser localizada unha vaca agonizando no límite co veciño municipio de Moraña. A este animal, supostamente, foille substraído, o seu becerro. O animal carece de crotal de identificación bobina nas súas orellas.

O alcalde Carlos Costa e a concelleira Nieves Boullosa acudiron ao límite entre o concello de Campo Lameiro e Moraña despois de que os veciños denunciaran a situación. Alí verificaron o que lles contaban e puideron como unha vaca xacía no chan nun estado de sufrimento extremo.

O animal estaba cheo de moscas e totalmente rendido en situación agónica. Aínda que xa case era de noite, o alcalde procedeu a localizar a un veterinario para que examinara ao animal e determinara o mellor proceder. Ao final, o facultativo recomendou o seu sacrificio polo dano irrecuperable recibido e o sufrimento insoportable que padecía.

vaca campo lameiro
La vaca. DP

A vaca presentaba tamén varias lesións presumiblemente procedentes de mordiscos producidos por algún tipo de animal, posiblemente cans, que vendo a vulnerabilidade da res intentaran acabar coa súa vida.

Carlos Costa puxo en coñecemento do Seprona da Garda Civil a necesidade de que se localice e identifique ao autor ou autores de semellante maltrato animal e se lles aplique con rigurosidade as medidas sancionadoras e punitivas que determine a normativa vixente. Os axentes da Benemérita xa estiveron esta mañá no lugar dos feitos iniciando as pesquisas oportunas.