martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

Campo Lameiro, a Educación: "Non me quites mestres, tráeme nenos!",

Os cativos participaron na manifestación e encheron o exterior do centro de debuxos e carteis. B. CÍSCAR
Os cativos participaron na manifestación e encheron o exterior do centro de debuxos e carteis. B. CÍSCAR
A proposta foi convocada pola ANPA San Miguel para amosar o seu desacordo coa retirada de dous mestres do centro, o que conleva á agrupación de alumnos de distinto curso nunha mesma aula a causa da escaseza de recursos

"Non me saques mestres, tráeme nenos". Era un dos lemas que o mércores ás 21.00 se podían ler nas ducias de cartaces que portaron os cativos e maiores que se reuniron na manifestación convocada pola ANPA San Miguel para rexeitar as medidas propostas por Educación para o próximo curso que suporán contar con dous mestres menos en Educación Primaria. A cita contou coa presenza da maioría dos alumnos do centro, así como das súas familias, dos integrantes da ANPA e tamén da Corporación que deu apoio unánime á iniciativa e da deputada socialista Paloma Castro. A manifestación chega despois de que os pais e nais de alumnos se reuniran co xefe territorial de Educación nas últimas semanas e este confirmara que se retiran dous mestres do centro, aínda que afirmase tamén que posteriormente se incorporará outro. Os pais e nais lembran que ese titular segue sen aparecer nas listas e que, con dous educadores menos, este colexio pasará a ter so cinco profesores para todo o ciclo de Educación Primaria. Contrarios á agrupación de alumnos de distintos cursos e preocupados polo efecto destes recurtes nunha etapa que vai estar moi marcada polas necesidades de prevención da pandemia, os pais e nais encheron o colexio de carteis pedindo que a Consellería de Educación rectifique e anule a medida.

Na marcha participou o alcalde, Carlos Costa e a práctica totalidade do Goberno. A ANPA dispensou xel hidroalcólico e mantivéronse as distancias de separación e o uso de máscaras en todo momento.

A comunidade veciñal avanza que haberá máis actos de protesta, se non se retoma o diálogo con Educación.

Campo Lameiro, a Educación: "Non me quites mestres, tráeme nenos!",
Comentarios