sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

Campo Lameiro 'ficha' ao cura e a Peppa Pig para falar da covid-19

Dora a Exploradora e Peppa Pig departindo con Fermín Santiago. CEDIDA
Dora a Exploradora e Peppa Pig departindo con Fermín Santiago. CEDIDA
O Concello publica un vídeo para recordar as normas a seguir durante o desconfinamento

O Concello de Campo Lameiro colgou nas súas redes sociais un vídeo para animar aos nenos na desescalada.

Nel, que foi producido por Viravolta con moitos colaboradores veciñais e para o que se empregaron bonecos do espectáculo da Orquesta Panorama, participa o cura Fermín Santiago que vai chamando por Skype a persoeiros como os Reis Magos, Peppa Pig e Dora a Exploradora, Scooby Doo ou minion Kevin para lembrar as precaucións a manter no desconfinamento, como levar máscara, algo que Pepa e Dora cumpren, ou lavar as mans con frecuencia, algo que fai o minion Kevin.

Sobre as distancias de seguridade, Fermín Santiago recomenda sempre máis de metro e medio, "o longo da bufanda do Campo Lameiro".

Campo Lameiro 'ficha' ao cura e a Peppa Pig para falar da covid-19
Comentarios