A canceira Fogarcan de Poio advirte: "Os animais non son xoguetes"

A asociación xestora do refuxio crea unha campaña de concienciación sobre a práctica de agasallar animais polo Nadal
Un dos fragmentos do vídeo da campaña. DP
photo_camera Un dos fragmentos do vídeo da campaña. DP

Coa chegada do Nadal, actívase a alerta en Fogarcan. Ante a práctica recurrente de agasallar animais por estas festas "que luego, muchas veces acaban siendo abandonados", a asociación xestora da canceira de Poio lanza unha campaña que ten como obxectivo concienciar aos e ás adoptantes para que exerzan unha "adopción responsable, con sentido". 

Así o explica a tesoureira e voluntaria da entidade, Elisa López Puello, que chama á responsabilidade colectiva: "Adoptar a un animal es una decisión muy importante, hay que ver qué tipo de perro es y qué tipo de vida llevan los adoptantes, ya que un animal conlleva una responsabilidad. Un animal en casa puede generar todo tipo de situaciones y la solución nunca puede ser el abandono, tienes que asumir que vas a estar con un animal siempre, como un miembro más de la familia", asegura.

Neste sentido, e ante a situación particular da canceira poiense, que a comezos de inverno xa estaba ao límite da súa capacidade, con 43 animais refuxiados, a asociación xestora vese obrigada a tomar medidas de control que garantan o benestar futuro do animal adoptado, a fin de impedir que poida verse de novo na rúa dentro duns meses. "En nuestro caso, no permitimos que el adoptante sea una persona diferente a la que va a convivir con el animal que venga con la intención de regalárselo. Hacemos entrevistas directas en las que convocamos a todos los miembros de la familia para valorar de primera mano la situación", afirma López Puello.

CAMPAÑA. A campaña creada pola asociación xestora do refuxio foi ideada pola súa vicepresidenta e xefa de márketing, Patricia Rodríguez Estévez, e consiste nun vídeo que xa se está a difundir a través das redes sociais, co obxectivo de visibilizar os beneficios psicolóxicos de vivir cunha mascota e a responsabilidade que iso supón. Os e as protagonistas dos vídeos son, como non podía ser doutro xeito, os membros da propia asociación e varios voluntarios e voluntarias que colaboran no día a día da entidade, así como os propios animais adoptados, en acollida e residentes de Fogarcan.

Baixo o lema Os animais non son xoguetes, o vídeo percorre os fogares dos voluntarios e voluntarias que, xunto a cans, cadelas, gatos e gatas, lanzan unha mensaxe ao mundo; "son seres vivos que sienten y padecen, nuestra responsabilidad emocional y económica. Ellos te querrán incondicionalmente el resto de su vida". 

Neste sentido, Elisa López teno claro: "hay muchos animales que necesitan ser adoptados y son maravillosos, pero pedimos una adopción responsable". 

Comentarios