Canteiros de Poio acusan á escola de Pontevedra de "competencia desleal"

Segundo os poienses, "esta escola segue sen ter unha homologación, algo imprescindible para o futuro dos alumnos
Un alumno de la Escola de Canteiros de Poio. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Un alumno de la Escola de Canteiros de Poio. BEATRIZ CÍSCAR

A Asociación Canteiros de Poio abordou este martes a polémica xurdida con respecto á escultura do Cristo da Guía, promovida polo Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, centrada "no gasto público de 84.000 euros para un proxecto relixioso", e que dende a Asociación levaron máis alá, manifestando que "a Escola de Canteiros de Pontevedra é unha escola, polo tanto non pode actuar como aserradeiro industrial en función dos intereses políticos partidistas da Deputación e do Concello de Vigo", e acusándoa de exercer "unha competencia desleal, absorvendo a pouca escultura pública que se demanda".

Segundo os Canteiros de Poio, "esta escola segue sen ter unha homologación, algo imprescindible para o futuro dos alumnos, pero que vemos que non interesa aos políticos que dela se benefician e á dirección do centro. Actualmente o ensino atopase paralizado, xa que moitos mestres non asisten a impartir as súas clases e non hai profesores substitutos", aseguraron.

Os canteiros afirmaron que "os alumnos solicitan a programación os mestres non a amosan, xa que a saltan para que os alumnos só fagan encargos", acusaron. "Este tipo de irregularidades nunca acontecerían se o centro estivese homologado, e non se saltarían ao seu antollo un plan de estudos".

"Se a Escola de Canteiros quere facer este tipo de encargos débese constituir como unha empresa, non coma unha escola", finalizaron dende a Asociación poiense.

Comentarios