martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

O Castelo de Soutomaior acolle hoxe o espectáculo teatral 'Té con Kant'

Castelo de Soutomaior. ARQUIVO
Castelo de Soutomaior. ARQUIVO
O argumento da obra xirará arredor da pregunta de se é posible un mundo mellor baixo os ditames da razón ilustrada

A compañía teatral Inversa representa hoxe ás 19:30h no patio de armas do castelo de Soutomaior o espectáculo Té con Kant. O argumento da obra xirará arredor da pregunta de se é posible un mundo mellor baixo os ditames da razón ilustrada ou se, pola contra, é unha condena ao fracaso.

A través do humor e a ironía, Té con Kant conxugará o ensaio filosófico e a creación escénica para obter unha peza próxima ao formato de teatro-didáctico. Este proxecto experimental está escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e a propia Marta. A cita terá unha duración de 90 minutos e conta cos protocolos de seguridade necesarios, polo que os asistentes deben asistir con máscara e os accesos e o aforo estarán controlados.

Este evento, organizado pola Deputación, enmárcase dentro do programa Re-Acción nos Castelos!. Este ciclo acolle desde danza ata música clásica. O obxectivo é reactivar a programación cultural tras o estado de alarma e o confinamento.

O Castelo de Soutomaior acolle hoxe o espectáculo teatral 'Té con...
Comentarios