lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

O Castelo de Soutomaior remata as súas obras de conservación

Imaxe das obras de conservación da cuberta e a fachada do Castelo do Soutomaior rematadas. DEPUTACIÓN
Imaxe das obras de conservación da cuberta e a fachada do Castelo do Soutomaior rematadas. DEPUTACIÓN
Os traballos na cuberta e na fachada da fortaleza, valorados en preto de 90.000 euros,  supoñen un avance nos criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de conservación na cuberta e a fachada do Castelo de Soutomaior, que permitiron solucionar os problemas de filtracións de augas que se viñan producindo nos encontros da fachada cos petos e as ameas pero que, sobre todo, supoñen todo un avance nos criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética.

A institución provincial dedicou preto de 90.000 euros a estes traballos, que forma parte do Plan de Conservación e posta en valor do recinto que se iniciou en 2017 con investimentos cara á súa musealización, e que continúa agora cos parámetros sostibles do século XXI. As obras non interferiron coas visitas guiadas nin tampouco co calendario de actividades culturais de verán que se está a celebrar todos os xoves no exterior do recinto dentro do marco do  programa Tras as ameas. De feito, unha das premisas foi a de intervir o mínimo o inmoble. Para iso, empregáronse técnicas e materiais compatibles e non agresivas que respectaron en todo momento as características esenciais deste Ben de Interese Cultural.

O investimento no Castelo só en traballos de conservación e mantemento, incluída a súa musealización, supera xa os 2 millóns de euros

Os traballos focalizáronse na cuberta inclinada, nas cubertas planas transitables situadas enriba da Galería das Damas e das latrinas, no muro da fachada suroeste e tamén nas ameas e nos petos perimetrais. Ao solucionar os problemas derivados da presenza de humidades e da entrada de auga, evítase tamén a posíbel aparición doutras patoloxías no futuro. Os traballos incluíron, no que atinxe ás cubertas, a reparación de gárgolas, a recolocación de tellas, o cambio das fiestras, a substitución do lucernario por un novo de vidro, a limpeza e toma de xuntas das lousas do chan das cubertas transitables ou a execución dunha nova quenlla. No muro realizáronse labores de limpeza e de tratamento puntual de xuntas, e resolvéronse as filtracións que se producían nas salas que dan á fachada suroeste.

O investimento no Castelo só en traballos de conservación e mantemento, incluída a súa musealización, supera xa os 2 millóns de euros.

O Castelo de Soutomaior remata as súas obras de conservación
Comentarios
ç